Número 319- 13 de xuño de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Oferta de Emprego Público 2016

Segundo o sinalado nas asembleas a Xunta de Persoal dirixiuse ao xerente para instarlle a cumprir o pactado ao respecto da Oferta Pública de Emprego, na comunicación enviada requiríaselle que a resposta se realizase antes do luns. O venres o xerente convocou unha reunión da Mesa negociadora (é unha reunión entre a Xerencia e a Xunta de Persoal) para o martes día 14 ás 10:00 horas.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
USC - COMITÉ INTERCENTROS

    O Comité Intercentros da Universidade de Compostela ven de difundir un comunicado no que valora o estado das negociacións coa Xerencia que reproducimos.

XUNTA DE GALIZA

    A Xunta de Galicia ven de publicar unha nota informativa na que se detalla o horario de verán para o ano 2016. O horario establecido é o mesmo que en anos anteriores. Dentro do apartado de horario oficial sinálase que do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.

 ELECCIÓNS 26X
    O Diario Oficial de Galicia núm. 107 do 7 de xuño de 2016 recolle a Orde 27 de maio de 2016 pola que a Consellería de Facenda regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 26 de xuño de 2016 polo Real decreto 184/2016, do 3 de maio, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de elección.
 CRISE ESTAFA
    Hai un cartel que pon "Búscase a estes do FMI" para facelos vivir durante un tempo cun contrato precario, como lles gusta a eles (SOS Sanidade Pública da Coruña).
 MEDIO
    Cinco estacións da Coruña detectan niveis de contaminación que superan os límites fixados pola OMS; as centrais de Meirama e As Pontes, xunto ao tráfico portuario e a gran industria son os principais emisores.
 MEDIOS DE MANIPULACIÓN SOCIAL
    Edward L. Bernays, sobriño de Sigmund Freud e un de pioneiros no estudo da psicoloxía de masas, escribiu no seu libro Propaganda (1928), “A manipulación deliberada e intelixente dos hábitos estruturados e das opinións das masas é un elemento importante nas sociedades democráticas”.
HAI CARRETAXE

    O xulgado de instrución número 2 de Lugo concluíu a instrución do caso que investiga un suposto carretaxe de anciáns dun asilo para votar nas eleccións galegas de 2012 con catro membros do PP lucense investigados, á vez que dá 10 días ás partes para que demanden ou a apertura de xuízo oral, o sobresemento ou a realización de dilixencias complementarias.

• OPINIÓN - Economistas Sen Fronteiras

    Aínda que pareza mentira e dificilmente crible, a evolución durante as últimas décadas das políticas públicas no ámbito universitario español xerou uns incentivos perversos que están a acabar coa reflexión e o pensamento crítico en todos os niveis da sociedade. No sistema universitario español non se valora nin se fomenta en absoluto un profesorado que prepare clases, envíe traballos aos seus estudantes e os corrixa, tente ensinar máis aló dos canons establecidos, imparta charlas fóra do ámbito académico sobre cuestións que considere importantes para formar cidadáns con ideas propias, colabore con asociacións ou organizacións sociais, escriba en medios divulgativos para transmitir o que fai, ou se preocupe por influír nas súas contornas máis próximas.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Coa “proposta de OEP” o sr. reitor e xerente inician un camiño que afectará, indefectiblemente, as actuais e futuras promocións e ao actual e futuros concursos de méritos.
 UNIVERSIDADES - XUNTA DE GALIZA
    A noite do 9 de xuño, comezou oficialmente a campaña electoral, ese mesmo día o Consello da Xunta de Galiza que tivo lugar en San Caetano aprobou o proxecto de lei polo que se aproba unha retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico de Galicia, en concepto de recuperación dos importes efectivamente deixados de percibir na parte proporcional ao tempo de servizos prestados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2013, con este acto a Xunta de Galiza entra en campaña para arrastrar algún voto de algún ou algunha incauto/a funcionario/a.
 ENSINO PÚBLICO
    Rodeados pola Policía baixo un sol inclemente e sen poder transmitir a súa queixa ao presidente da Xunta. Así aguantaron os alumnos dunha Escola Unitaria un acto do presidente da Xunta coa esperanza de pedirlle que non peche o seu centro.
 FARMACÉUTICOS INSPECTORES DE SAÚDE PÚBLICA
    Nun comunicado de prensa difundido o día 8 de xuño, os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública sinalan que agardan que a Consellería de Sanidade sinale a data para iniciar a negociación e, como mostra de boa vontade, “acordan desconvocar tódolos actos de protesta e reivindicacións previstos, desde hoxe mesmo, así como suspender a folga mentres dure o proceso de negociación.”
 CONSUMIDOR@S DEREITOS
    Rexistra os hábitos que revelan os dispositivos móbiles dos usuarios para remitirlles publicidade sen solicitar o seu consentimento expreso, a pesar de tratarse de datos especialmente protexidos.
 NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL
    Catro meses máis tarde do previsto, pero o Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) finalmente reabrirá as súas portas en Barcelona o próximo 16 de xuño. Así o avanzou o semanario alternativo ‘La Directa’ e comunicouno o director do centro ao Colexio de Avogados e ás entidades de dereitos humanos, tal e como confirmaron desde ‘Tanquem els CIE’ (pechemos os CIE).
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización Lingüística continúa a denunciar a exclusión e desprezo que o Servizo Galego de Saúde amosa cara a lingua galega. En ningún dos tres perfís que posúen nas redes sociais (@avalia_t;@esaude_sergas; @EscolaSaude) fan uso do galego, a pesar das reclamacións que os propios usuarios lle fan para lles lembrar que o galego existe e debe estar presente no seu día a día e nas comunicacións dun servizo do que fan uso todas as galegas e galegos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      VOTORETA

       
        CONFLITO COLECTIVO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript