Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 319 - 13/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  CONSUMIDOR@S DEREITOS
 

FACUA denuncia a Movistar por usar os datos de xeolocalización dos seus clientes con fins comerciais

Rexistra os hábitos que revelan os dispositivos móbiles dos usuarios para remitirlles publicidade sen solicitar o seu consentimento expreso, a pesar de tratarse de datos especialmente protexidos.

 

  • Noticias relacionadas

 

 FACUA-Consumidores en Acción denunciou a Movistar ante a Axencia Española de Protección de Datos por valerse dos datos de xeolocalización dos seus clientes, derivados do uso dos seus dispositivos móbiles, para enviarlles "ofertas personalizadas" sobre produtos da propia empresa de telecomunicacións. A empresa non solicitou o consentimento expreso dos usuarios, a pesar de tratarse de datos especialmente protexidos.
 
Movistar comunicou aos usuarios mediante mensaxes de texto que trataría tanto os datos relativos á localización dos seus dispositivos móbiles (xeolocalización) como os do seu tráfico de internet co fin de remitirlles publicidade de produtos da propia operadora.
 
"Solicitamos consentimento para tratar os datos de tráfico de internet e localización das comunicacións do seu dispositivo móbil, coa finalidade de optimizar e mellorar a cobertura dos seus servizos móbiles, garantir a seguridade de redes, sistemas e equipos mediante a prevención e defensa ante incidentes de ciberseguridade e comunicarlles ofertas personalizadas sobre produtos de Movistar", comunicou a compañía aos seus clientes.
 
A advertencia indicaba aos usuarios que se "no prazo de 30 días" non manifestaban a súa oposición, Movistar daba por feito que consentían o tratamento dos seus datos. FACUA considera que este tipo de uso de datos persoais require do consentimento expreso dos afectados, xa que se trata do tratamento de información persoal especialmente protexida pola Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
 
A través de mensaxe de texto
 
Ademais, FACUA subliña que a compañía se dirixiu aos seus clientes a través dunha mensaxe de texto, e non mediante unha comunicación fehaciente. De igual forma, o procedemento para rexeitar o tratamento dos datos é unha chamada a un número de teléfono, o 224407, que tampouco permite ao usuario ter un comprobante de dita desautorización.
 
FACUA entende que os datos de xeolocalización que se derivan o uso dos dispositivos móbiles poden revelar referencias íntimas e persoais de especial protección no artigo 7 da citada lei. A asociación contempla que o acceso aos devanditos datos podería supor que, neste caso, Movistar podería ter constancia se os usuarios acoden regularmente á sede dalgún partido político, dun sindicato, dun templo relixioso, ou mesmo a establecementos que puidesen relacionarse coa súa vida sexual.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript