NÚMERO 319 - 13/06/2016
CUTUDC / Novidades
A noite do 9 de xuño, comezou oficialmente a campaña electoral, ese mesmo día o Consello da Xunta de Galiza que tivo lugar en San Caetano aprobou o proxecto de lei polo que se aproba unha retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico de Galicia, en concepto de recuperación dos importes efectivamente deixados de percibir na parte proporcional ao tempo de servizos prestados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2013, con este acto a Xunta de Galiza entra en campaña para arrastrar algún voto de algún ou algunha incauto/a funcionario/a.
Neste lavado de cara contou coa inestimable colaboración dos sindicatos do sistema que, no canto de reclamar a execución das múltiples sentenzas, agora xa do Tribunal Supremo, préganse aos intereses do goberno de turno esquecéndose de reclamar todo o que nos roubaron nestes anos pasados, mostrando como unha vitoria da negociación, con eles claro, o feito de que, a partires do ano vindeiro xa non se nos descontará nas extras o complemento específico.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript