Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 319- 13/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Mudar vontades
As traballadoras e traballadores temos un montón de armas ao noso alcance para mudar vontades. A presión exércese para defender ou alcanzar dereitos, neste caso, o acto que provoca tanto rexeitamento está aderezado coa insidia do xerente enganando á nosa representación que é nin máis nin menos que enganarnos a todos e todas. Preparémonos para a mobilización

Dereito de pernada
Se o xerente mente deslexitímase para ocupar tan alto cargo. Que se pode crer, como se pode acordar se non se sabe si o acordado se vai levar adiante?. Sei que o que digo non vai ter transcendencia, a falta de lexitimación sálvase co principio da autoridade. Nomeado por deus (reitor) ten o dereito de pernada e exérceo pasando pola pedra a todo o colectivo de vasalos, incluso coa única finalidade de que saibamos quen manda, neste caso non é exclusivamente para reafirmar a súa autoridade, ten, tamén, como obxectivo o de “colocar” a algún dos seus sarxentos que xa se encargarán de reafirmar o seu dereito divino. Así, este reitor, vai destruíndo o colectivo.

Culpables
O xerente e reitor téñennos acurralados, está claro que non nos deixan moitos camiños polos que optar, son eles os que nos obrigan, cos incumprimentos, a seguir a vía da reivindicación, da que podemos saír derrotadas ou vitoriosas pero, recordade sempre, que os culpable foron eles.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript