Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 319 - 13/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL
 

Denuncian a reapertura en Barcelona de cárcere para inmigrantes

Catro meses máis tarde do previsto, pero o Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) finalmente reabrirá as súas portas en Barcelona o próximo 16 de xuño. Así o avanzou o semanario alternativo ‘La Directa’ e comunicouno o director do centro ao Colexio de Avogados e ás entidades de dereitos humanos, tal e como confirmaron desde ‘Tanquem els CIE’ (pechemos os CIE).

 

  • Noticias relacionadas

 

 O CIE da Zona Franca de Barcelona pechou en outubro de 2015 para levar a cabo as reformas nas súas instalacións que reclamaban dous xulgados de Barcelona desde xaneiro de 2014. Había que retirar os biombos na sala de visita que separaban os internos dos seus familiares e instalar lavabos nas celas.
 
A previsión era reabrir o CIE en febreiro, e as entidades que piden o seu peche manifestáronse en varias ocasións para evitalo. Agora que hai unha data de reapertura, a campaña Tanquem els CIE convoca unha manifestación para o martes 14 ás 19:00h na praza Urquinaona de Barcelona.
 
Neste tempo, tanto o Parlamento de Catalunya como o Concello de Barcelona reclamaron ao goberno do Estado o peche do centro, con posicionamentos conxuntos de todos os grupos excepto o dereitistas Partido Popular (PP) e Cidadáns (Cs).
 
LibreRed | Catalunya Plural | La Directa
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript