NÚMERO 319 - 13/06/2016
CUTUDC / Novidades
Hai un cartel que pon "Búscase a estes do FMI" para facelos vivir durante un tempo cun contrato precario, como lles gusta a eles (SOS Sanidade Pública da Coruña)
O Fondo
Monetario Internacional prevé que a economía
española creza un 3,1% este ano, dúas décima máis
do que espera o goberno. Ata aí o bo. O malo: outra
vez piden máis recortes. Subir o IVE, copago en
Sanidade e Educación, abaratar o despedimento e un
contrato único son a súa receita para consolidar a
recuperación.
O Fondo Monetario Internacional avoga por aumentar
os impostos especiais e ambientais e por unha
gradual redución dos tratamentos preferentes no
imposto sobre o valor engadido, así como un aumento
do copago da Sanidade e a Educación nas comunidades
autónomas.
No informe que fixo público o FMI sobre as
perspectivas económicas de España, o organismo
internacional asegura que debería fortalecerse o
marco fiscal autonómico e incluír mecanismos de
mutualización da débeda ou impostos alternativos
que permitan o financiamento das autonomías en
épocas de crise.
O obxectivo para o FMI é mellorar a recadación de
ingresos. O FMI valora que España continuase
reducindo o déficit fiscal a medida que a economía
se recupera, pero advirte de que o nivel de débeda
pública é moi elevado e aínda segue aumentando.
Na súa opinión, os ingresos extraordinarios
derivados dos baixos tipos de interese, dun
crecemento maior do esperado e da redución de
presións deflacionistas deberían utilizarse para
reducir máis o déficit e garantir unha traxectoria
decrecente dos niveis de débeda.
Lasexta.com
O dito, ou acabamos co sistema, ou o
sistema acabará con nós.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript