Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 319 - 13/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  ENSINO PÚBLICO
 

Feijóo evita aos nenos que protestan polo peche da súa escola

Rodeados pola Policía baixo un sol inclemente e sen poder transmitir a súa queixa ao presidente da Xunta. Así aguantaron os alumnos dunha Escola Unitaria un acto do presidente da Xunta coa esperanza de pedirlle que non peche o seu centro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Cando o presidente da Xunta abandonaba o acto, o delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo, bloqueou o paso ao xornalista que interpelaba ao mandatario. Calvo asegurou que os pais serán recibidos na delegación, antes de desfacerse dialecticamente do informador con malos modos. Velaquí o vídeo:
 

 


A Escola Unitaria de O Calvario en Queixas, Cerceda, é hoxe a única dunha morea de unitarias rurais que viña funcionando naquela comarca.  Ante a noticia do seu próximo peche, a comunidade escolar comezou a mobilizarse.
 
Acudiron a onda Feijóo nunha visita é empresa Galopin de Cerceda. Aló intentaron informalo da situación e mostrar o rexeitamento ao “desmantelamento deste modelo  de ensino  recomendado en moitos países considerados a vangarda da educación en Europa”.
 
Nin Feijoo nin o alcalde de Cerceda presente no acto celebrado no mediodía do mércores, se achegaron ao grupo de pais, nais , nenos e nenas. Iso si, estiveron vixiados moi de preto pola Policía Nacional fóra do recinto durante hora e media sen deixar que se achegaran ao lugar do acto. Os policías  comprometéronse a achegarlle ao presidente unha carta de protesta. Finalmete os manifestantes lograron unha vitoria momentánea:  a Consellería de Educación recibiraos na delegación da Coruña a mañá xoves. Está por ver se evitan así o peche da Escola.
 
Galicia Confidenvcial 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript