NÚMERO 319 - 13/06/2016
CUTUDC / Novidades
Coa “proposta de OEP” o sr. reitor e xerente inician un camiño que afectará, indefectiblemente, as actuais e futuras promocións e ao actual e futuros concursos de méritos.
A convocatoria
a quenda libre de prazas dos subgrupos A1 e A2
eliminaraas tanto da promoción como do concurso de
traslados, porque, no caso contrario, poderían ser
ocupadas por funcionarios de carreira
imposibilitando a súa oferta posterior polo método
que se determine, normalmente concurso oposición.
Segundo o comentado nas asembleas realizadas estes
días pasados, algunha compañeira non entendía este
vínculo entre a convocatoria por quenda libre e a
súa retirada das prazas a concurso, parece polo
tanto necesario algún comentario ao respecto.
De convocatorias anteriores pode haber compañeir@s
que promocionaron sen mobilidade, á espera
precisamente de que no concurso de méritos aparezan
prazas que lles posibiliten a promoción real ao
subgrupo que acadaron. De ofertarse todas poderían
ser ocupadas por est@s compañeir@s, de aí que
entendamos que serán retiradas do concurso.
Outra pregunta que se repetiu en case todas as
asembleas fai referencia á situación d@s
compañeir@s interin@s do grupo C2 que, segundo o
reflectido no
Acordo de Funcionarización xa serán do grupo
C1. No dito acordo establécese:
“5º.· Rematado o proceso de funcionarlzaclón, e de
acordo coa normativa xeral de Función Pública, aos
funcionarios procedentes dos extintos grupos
laborals 4A e 4B se lles ofertará unha convocatoria
extraordinaria de promoción Interna ao grupo
superior das súas respectivas escalas especiais,
isto é, ao grupoC1 e C2 respectivamente, ao mesmo
tempo que se oferte ao persoal funcionario da
escala xeral auxiliar a súa promoción ao grupo C1.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript