Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 318 - 06/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  SOS SANIDADE PÚBLICA - ÁREA DA CORUÑA
 

@s traballador@s bótanlle un salvavidas á sanidade pública

A comisión de centro hospitalaria da área sanitaria fixo unha representación simbólica de botar uns salvavidas para rescatar a sanidade pública da negrura na que a está afundindo este PP de pedra, que actúa día si e día tamén tomando decisións que dificultan o traballo na sanidade e que deixan os pacientes á intemperie.

 

  • Noticias relacionadas

 

COMUNICADO DA COMISIÓN DE CENTRO DO CHUAC
 
O goberno do Partido Popular leva anos cunha política sanitaria que persegue afogar a sanidade pública  e levala á súa privatización.
 
Anos e anos de recortes que provocaron masificación, incremento das listas de espera, colapso dos servizos de urxencias, peches de camas hospitalarias, perda de postos de traballo ou contratación precaria de profesionais por días e incluso por horas. En resumo, un  importante deterioro da asistencia sanitaria.
 
A Xerencia da área sanitaria da Coruña, man executora da política de recortes do Sr Feijoo, é responsable do abandono que padece o noso complexo e de conducires a moitas das unidades e servizos a unha situación de emerxencia debido a uns cadros de persoal tan escasos que fan imposible satisfacer as demandas e necesidades dos/as  doentes.  Nesta  situación  atópanse  servizos  e  unidades  como  Neurocirurxía,  Neuroloxía,  Pneumoloxía,
 
Infecciosos ou Urxencias, os servizos de Farmacia, Laboratorios, Radioloxía ou Cociña, o Hospital de Oza, e un longo etcétera.
 
A Xerencia rexeita calquera  incremento  de  persoal,  ignorando  os  centos  de  peticións  realizadas  polos profesionais e o risco que para a saúde e seguridade dos doentes e do persoal supón manter a asistencia sanitaria nestas condicións de precariedade.
 
Este ano, durante o verán volven pechar case 200 camas, perseguindo un falso aforro económico a conta da saúde das persoas. U n peche de camas inxustificable que abocará ao servizo de Urxencias ao colapso e aos seus doentes a estar amoreados nos corredores días e días pola falta de camas para ingresar.
 
O goberno do PP publicita inversións múltiples  no  ámbito  social  (educativo,  social  e  sanitario)  cunha  clara final idade electoralista, pero segue aplicando as mesmas medidas de recortes de todos os anos.
 
Sr Feijjo, Sr Xerente, menos publicidade, menos falsidades populistas e máis responsabilidade e seriedade na atención dos problemas das e dos cidadás, ese é o deber de Feijoo e compañía.
 
Fronte a este novo atentado, a Comisión de Centro do CHU AC esixe que se incremente o persoal nas unidades deficitarias e que se manteñan abertas todas as camas hospitalarias. Ningún suposto aforro xustifica unha mala cal idade asistencial. Sobre todo se eses cartos despois se destinan ás grandes empresas que fan negocio nos seus hospitais privados-concertados a conta da saúde das galegas e galegos.
 
Diante do intento do PP de afogar a Sanidade Pública, os profesionais fomos e somos o seu  ''salvavidas", xa que a calidade e capacidade asistencial só se mantén grazas ao noso esforzo continuado.
 
Os profesionais e o  conxunto  da  cidadanía  temos  que  rescatar  a  Sanidade  Pública,  salvala  duns  dirixentes políticos que non son quen de asumir as súas abrigas cos usuarios/as e cos/as profesionais. A sanidade pública é patrimonio de todas as galegas e todos os galegos e non imos consentir que nola rouben.
 
A Coruña, 3 1 de maio de 2016
 
Asinado. Comisión de Centro do CH UAC.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript