NÚMERO 318 - 06/06/2016
CUTUDC / Novidades
O Goberno español e os grandes empresarios aseguran que se está experimentando unha “recuperación económica”, pero, que se esconde tras esa afirmación? Segundo datos estatísticos oficiais, desde o ano 2007 os soldos dos traballadores e traballadoras son cada vez máis baixos, mentres que os beneficios empresariais van á alza (...).
O Goberno
español e os grandes empresarios aseguran que se
está experimentando unha
“recuperación económica”, pero, que se esconde tras
esa afirmación?
Segundo datos estatísticos oficiais, desde o ano
2007 os soldos dos traballadores e traballadoras
son cada vez máis baixos, mentres que os beneficios
empresariais van á alza. A fórmula para chegar a
esta situación non é para nada nova:
a burguesía aumenta a súa taxa de beneficio a conta
dunha maior explotación da clase traballadora.
Segundo cifras do Instituto Nacional de Estatística
(INE), ao peche do primeiro trimestre de 2016, o
Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado
situouse en 274.817 millóns, preto xa
dos niveis de antes de 2007, pero os soldos dos
traballadores e traballadoras sitúanse en 129.874
millóns de euros, un 3,2% menos que ao termo de
2007. Ademais, o seu peso é hoxe do 47,2% do PIB,
fronte ao 48,5% de entón, tras anos de redución
salarial.
Estas informacións confirman que a clase obreira
está experimentado unha importante perda xeral de
poder adquisitivo. Desde 2010, os soldos baixaron
un 6,2%, o que equivale a 109 euros por mes (1.304
euros ao ano).
Alto desemprego
A isto hai que engadir, ademais, a dura situación
económico-social que padecen os desempregados e
desempregadas. España conta actualmente cunha taxa
de paro do 22,7%. Trátase, de feito, do segundo
país da Unión Europea con máis desemprego de longa
duración. Ademais, só o 54,7% dos parados reciben
algún tipo de axuda, segundo datos do Ministerio de
Emprego referidos ao primeiro trimestre do 2016.
De Libre Red
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript