Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 318 - 06/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  DE PANDEIRETA
 

Sanidade entrega unha medalla do Plan Nacional sobre Drogas aos fabricantes de licores

O pasado venres 13 de maio o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publicou no BOE a concesión de 22 cruces da Orde ao Mérito do Plan Nacional sobre Drogas. Entre aquelas que recibiron entidades, persoas e asociacións que traballan con toxicómanos ou realizaron labores destacados neste ámbito atópase o galardón á Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), a entidade que engloba ás empresas dedicadas á fabricación e venda de bebidas alcohólicas.

 

  • Noticias relacionadas

 

A FEBE, segundo a súa propia páxina web, “agrupa a 120 empresas produtoras e distribuidoras de bebidas espirituosas e produtos derivados, co que representa a practicamente o 100% do sector en España”. Inclúe, entre outras moitas, marcas como Bacardi, Codorniu, Osborne ou Torres.
 
Así, o ministerio premia aos fabricantes de bebidas alcohólicas polos “seus esforzos para evitar o consumo abusivo de bebidas alcohólicas promovendo o consumo responsable e loitando contra a permisividade cara ao consumo en menores e outros colectivos de risco”.
 
Bos días.
 
Publicado por CONCEYU POR OUTRA FUNCIÓN PÚBLICA N´ASTURIES
El Boe nuestro de cada día
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript