Número 318- 06 de xuño de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Asembleas. Oferta de Emprego Público 2016

O xoves e venres, convocad@s pola Xunta de Persoal, realizáronse as asembleas de traballador@s en Ferrol e A Coruña. Nas reunións quedou claro que non imos deixar que o equipo de goberno da universidade impoña unha Oferta de Emprego que representa un cambio radical no modelo de acceso, promoción e concurso, polo que a Xerencia se dota da ferramenta necesaria para determinar, de xeito unilateral, que prazas saen a oposición, cales a promoción e as que son susceptibles de se ocupar mediante concurso, incumprindo, de paso, o pactado, que como sabedes coincidiu coa campaña electoral e que lle puido supoñer algún rédito electoral naquel momento. Para que te fíes.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
UNIVERSIDADE DE VIGO

    Un dos nosos obxectivos é o de dar a coñecer a regulamentación da que se dotan as outras universidades. Neste camiño de contacto e colaboración @s compañeir@s da Universidade de Vigo transmítennos o noo regulamento de permisos para concorrer a exames que acaba de ditar a Xerencia desa universidade, documento que vos transmitimos para o voso coñecemento.

 NON ÁS GUERRAS. ABAIXO AS FRONTEIRAS
    O pasado 31 de Maio tivo lugar na Galería Sargadelos de Ferrol o acto de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en Ferrolterra.
 ADEGA - REGANOSA
    Dragado ilegal da Ría de Ferrol para aumentar o calado da entrada da ría para permitir o paso a grandes buques como os gaseiros de Reganosa - Imputado o ex-director xeral de Conservación da Natureza García-Borregón por delictos contra o medio ambiente - 4 altos cargos de Medio Ambiente na etapa de Agustín Hernández, acusados pola Fiscalía.
 CRISE ESTAFA
    O diñeiro que o Estado español destina para atenuar a grave situación económica dos traballadores e traballadoras desempregados experimentou un recorte substancial. Entre 2011 e 2015, pasou de 29.995,8 millóns a 20.609,7 millóns de euros anuais, sumando todas as prestacións, o que supón unha caída de case o 32%.
CRISE ESTAFA

    O Goberno español e os grandes empresarios aseguran que se está experimentando unha “recuperación económica”, pero, que se esconde tras esa afirmación? Segundo datos estatísticos oficiais, desde o ano 2007 os soldos dos traballadores e traballadoras son cada vez máis baixos, mentres que os beneficios empresariais van á alza (...).

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Para o pouco tempo que levan patrullando as rúas, o historial negativo dos Mossos ten moito mérito. Conseguiron en só dez anos un nivel de cuestionamiento cidadán que outras policías tardan décadas en consolidar.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado día 31 realizouse unha nova xuntanza do Consello de Goberno. A proposta de Oferta de Emprego Público rexeitada pola APA e pola Xunta de Persoal e a situación das traballadoras e traballadores da Facultade de Informática, centro no que as medicións de Radon alcanzaron medidas que obrigan a pechar algunha sala, centraron as nosas intervencións.
 UNIVERSIDADES - XUNTA DE GALIZA
    No anterior PASquín informámosvos que o PP, despois de que numerosas sentenzas lle obrigasen a facelo, decidira devolver a parte devindicada da extra de 2013 (dous meses). A idea da Xunta foi, como se informou, facer esa pequena restitución en dous prazos, unha parte abonaríase en 2016 e outra en 2017, agora anuncia que ven de acordar con varios sindicatos a devolución do diñeiro incautado entre agosto e setembro deste ano, casualmente pouco antes do proceso electoral que terá lugar, se non se adianta, no mes de novembro.
 SOS SANIDADE PÚBLICA - ÁREA DA CORUÑA
    A comisión de centro hospitalaria da área sanitaria fixo unha representación simbólica de botar uns salvavidas para rescatar a sanidade pública da negrura na que a está afundindo este PP de pedra, que actúa día si e día tamén tomando decisións que dificultan o traballo na sanidade e que deixan os pacientes á intemperie.
 DE PANDEIRETA
    O pasado venres 13 de maio o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publicou no BOE a concesión de 22 cruces da Orde ao Mérito do Plan Nacional sobre Drogas. Entre aquelas que recibiron entidades, persoas e asociacións que traballan con toxicómanos ou realizaron labores destacados neste ámbito atópase o galardón á Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), a entidade que engloba ás empresas dedicadas á fabricación e venda de bebidas alcohólicas.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    Hai uns días a Xunta de Galicia anunciaba as mudanzas do Bono de Alugueiro Social 2016. En ano electoral a sucesión de axudas que a Xunta lanza a golpe de DOG é un terror. Seica pensan que van facernos esquecer os recortes en materia de dereitos sociais que agora queren disimular con medidas parciais e propagandísticas.
 PAÏSOS CATALANS
    Esta mañá, sábado día 4, procedeuse a reocupar o Banc Expropiat de Gràcia. Varias persoas accederon ao interior do banc expropiat mentres que outras se encadearon a uns bidóns na rúa. @s activistas piden a @s veciñ@s que se acheguen para dar o seu apoio á reocupación. Tamén convocaron unha manifestación para esta tarde que sairá da praza Virreina de Graza ás 19:00h.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Bruxelas 01/06/16-. O coordinador da área internacional da Mesa Pola Normalización Lingüística, Paulo Filgueiras, interveu hoxe no Parlamento Europeo no marco da audiencia sobre discriminacións lingüísticas na UE organizada pola Rede Europea para a Igualdade das Linguas, en colaboración cos grupos parlamentares da Alianza Libre Europea- Os verdes, e a Esquerda unitaria Europea.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        PUNTOS DE VISTA

         
          ATROFIA CEREBRAL

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript