NÚMERO 318 - 06/06/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado 31 de Maio tivo lugar na Galería Sargadelos de Ferrol o acto de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en Ferrolterra.
A
Rede foi constituída o pasado 20 de abril a
nivel galego, e a ela están adheridos máis de 45
colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos
políticos e persoas individuais. O seu obxectivo é
denunciar publicamente a inhumana xestión da crise
das persoas refuxiadas levada a cabo polas
diferentes institucións e gobernos da UE.
Nunha recente reunión que tivo lugar o pasado
mércores 25 en Ferrolterra entre entidades xa
adscritas a esta rede e outras novas de ámbito
local, tomouse a decisión de constituír a
Rede en Ferrolterra.
Neste acto de presentación contouse coa presenza de
Alberto Ameneiros, veciño da comarca que retornou
hai escasos días do campo de Idomeni, en Grecia. As
asistentes tivemos a ocasión de escoitar de
primeira man o relato da situación destas persoas
nos campos. Un relato que fala de voluntariado e
dunhas ONGDs desbordadas, de historias de xente que
perdeu familia e amizades nos conflitos dos que
escapa, e que aínda así, unha vez vista a situación
nos campos chega a formularse a posibilidade de
regresar ao seu fogar, aínda a costa da súa vida.
De abandono por parte das autoridades europeas e
gregas. De falta absoluta de control da entrada e
saída de xente nos campos, foran refuxiadas, xente
allea, menores... De traumas de guerra. De falta de
información absoluta, tanto para as persoas
voluntarias como para as refuxiadas. De
desesperación de non poder atender tódalas
necesidades da xente dos campos. Pero tamén da
solidariedade de voluntariado, moitas xente nova, e
de tódolos recunchos de Europa, con ganas de
cambiar as cousas, e de persoas amables, educadas,
cultas, de tódalas condicións sociais, agradecidas
a pesar da súa situación desesperada, e co único
desexo de poder gozar do dereito a vivir en paz e
de seren tratadas como seres humanos.
Mobilizacións o 19 de Xuño en toda Galiza
A
Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas
convoca o 19 de Xuño novas mobilizacións en
distintas vilas e cidades galegas contra as guerras
e as fronteiras criminais. Para iso, convocamos os
próximo días reunións abertas preparatorias nas que
pode participar.
Web de referencia da Rede:
http://www.rederefuxiadas.org/
@GalRefuxiadas
Manifesto subscrito polas organizacións adscritas á
Rede o pasado 20 de Abril de 2016 |
Acceder/Baixar.
--
Foro Galego de Inmigración - Coordinadora de
Ferrolterra
ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
https://www.facebook.com/forodeinmigracionferrolterra2015/
Foro Galego de Inmigración
Voceiro/coordenador do Foro Galego de Inmigración
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de
Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com
Información baseada na enviada por:
Foro Inmigracion Ferrolterra
-ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com-
2 de junho de 2016 07:39
Recollido de Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript