Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 318 - 06/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES - XUNTA DE GALIZA
 

Devolución do ilegalmente recortado da extra de 2013

No anterior PASquín informámosvos que o PP, despois de que numerosas sentenzas lle obrigasen a facelo, decidira devolver a parte devindicada da extra de 2013 (dous meses). A idea da Xunta foi, como se informou, facer esa pequena restitución en dous prazos, unha parte abonaríase en 2016 e outra en 2017, agora anuncia que ven de acordar con varios sindicatos a devolución do diñeiro incautado entre agosto e setembro deste ano, casualmente pouco antes do proceso electoral que terá lugar, se non se adianta, no mes de novembro.

 

  • Noticias relacionadas

 

No canto de reclamar as execucións das sentenzas do Tribunal Supremo e firmes, o que obrigaría á Xunta á devolución inmediata, os sindicatos danlle aire ao PP (que afoga dun xeito programado e sistemático á administración pública e aos seus traballadores e traballadoras), permitíndolle retrasar até o momento propicio o cumprimento das sentenzas que como sinalamos debería ser inmediato.
 
Anúnciase, de paso, que recuperaremos as pagas extra completas no ano 2017. Algúns sindicatos gábanse por alcanzar este acordo. Se chamaran á mobilización, como é a súa obriga, non se nos recortarían. O camiño emprendido polos sindicatos do sistema cadra cos intereses dos gobernos máis neoliberais, durante catro anos agardan a que cheguen as eleccións para que cando o goberno reparte as migallas coa finalidade de conseguir algún voto, pareza que son conquistas pola súa parte.
 
Non nos conformamos con esta mísera parte do que nos roubaron. Insistimos en reclamar a devolución de todo o diñeiro que se nos confiscou todos estes anos. Querémolo xa!!
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript