NÚMERO 318 - 06/06/2016
CUTUDC / Novidades
Dragado ilegal da Ría de Ferrol para aumentar o calado da entrada da ría para permitir o paso a grandes buques como os gaseiros de Reganosa - Imputado o ex-director xeral de Conservación da Natureza García-Borregón por delictos contra o medio ambiente - 4 altos cargos de Medio Ambiente na etapa de Agustín Hernández, acusados pola Fiscalía.
Ricardo
García-Borregón Millán, ex-Director Xeral da
Natureza con Agustín Hernández, declarará
como "investigado" o vindeiro luns 6 de xuño
a petición da Fiscalía ambiental do TSXG, xunto con
outros tres ex-altos cargos de Medio Ambiente, polo
dragado da ría de Ferrol denunciado en 2011 por
ADEGA. A obra tiña como obxectivo aumentar o
calado da entrada da ría para permitir o paso a
grandes buques como os gaseiros de Reganosa.
No Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de
Compostela están a desenvolverse as dilixencias
previas relativas a un presunto delicto contra os
recursos naturais e o medio ambiente, relacionado
co
dragado irregular dos fondos da Ría de Ferrol
dentro da ZEC Costa Artabra (Rede Natura 2000),
executado entre outubro e novembro do 2011, e no
seu día denunciado por ADEGA perante a Fiscalía
Ambiental.
Como “investigados” (antes imputados) por
estes feitos atópanse as persoas que naquela época
ocupaban os postos de máxima responsabilidade na
xestión dos espazos naturais de Galiza: Ricardo
García-Borregón Millán (Director Xeral de
Conservación da Natureza), Rogelio Fernández
Díaz (Subdirector Xeral de Espazos Naturais e
Biodiversidade), Javier Turrillo Montiel
(Xefe do Servizo de Análise e Proxectos) e
Carlos Múñoz (Xefe do Servizo de Conservación
da Natureza na Delegación Provincial da Coruña).
Todos eles están acusados pola Fiscalía de delictos
contra os recursos naturais e o medio ambiente,
prevaricación e falsidade documental. Entre todos
presuntamente "cociñaron", logo de iniciadas
as obras do dragado da ría de Ferrol, unha
autorización ambiental fraudulenta baseada nun
suposto informe técnico que non figuraba no
expediente. Logo de rematadas as obras, e tras
as xestións do Valedor e a Fiscalía a denuncia de
ADEGA, apareceu o informe que, curiosamente,
recomendaba a non execución do proxecto polos seus
impactos ambientais.
O xusto colofón a unha desastrosa xestión dos
espazos naturais galegos
Confiando no labor da xustiza e da Fiscalía, este
caso representa a paradoxal culminación da
desastrosa xestión da biodiversidade e dos espazos
naturais acontecida nos últimos anos.
A escandalosa inacción, cando non a defensa de
intereses alleos á conservación, exemplifícase na
desastrosa xestión dos Parques Naturais; humidais
protexidos, especies de flora e fauna ameazada...
Na paralización inxustificada da ampliación da Rede
Natura 2000, a máis cativa do estado; na negativa á
declaración de parques naturais nos Ancares,
Courel, Monte Pindo... Mais tamén na tolerancia ou
promoción de actuacións incompatíbeis coa
protección do noso patrimonio natural:
piscifactorías, minas, eólicos, celulosas,
eucaliptización de espazos naturais, licenzas
ilegais de caza, cacerías de lobos, etc.
Resulta irónico pois, que sexa a tramitación
irregular dunha obra para beneficiar a Reganosa
(como acaba de acontecer co governo en funcións de
Rajoy) a que trala denuncia de ADEGA subministre as
probas que leven aos responsábeis ou cómplices de
tantas outras desfeitas ambientais perante a
Xustiza.
Enlace de interese:
Xunta e Ministerio autorizan dragar a Rede Natura
sen todos os informes preceitivos. |
Ir a web.
Novas relacionadas:
Denunciados pola Fiscalía dous altos cargos de
Medio Ambiente por prevaricación, falsidade
documental e delicto ambiental. |
Ir á Web.
Publicado na web de
Adega. | 30 de Maio de 2016.
Delegación de Ferroterra:
Ferrolterra-Trasancos
Apartado 481
15480 Ferrol
adegatrasancos@adega.gal
ADEGA / Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de
Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal.
http://adega.gal/
Recollido de Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript