Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 318 - 06/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno

O pasado día 31 realizouse unha nova xuntanza do Consello de Goberno. A proposta de Oferta de Emprego Público rexeitada pola APA e pola Xunta de Persoal e a situación das traballadoras e traballadores da Facultade de Informática, centro no que as medicións de Radon alcanzaron medidas que obrigan a pechar algunha sala, centraron as nosas intervencións.

 

  • Noticias relacionadas

 

Informe do secretario xeral
Informa o secretario xeral dunha serie de artigos publicados no xornal electrónico Mundiario, no que se pon en dúbida o proceder da universidade co persoal da institución que, paralelamente, traballa para os centros privados que operan na comunidade.
 
Sinala que, ao carecer de inspección, a universidade traballa neste terreo a raíz das denuncias que se presentan. Informa que non só son docentes os que están nesta situación, tamén detectaron que afecta a varias persoas do PAS.
 
Estanse a estudar as medidas a levar adiante, tanto co persoal afectado, como co medio de comunicación que publicou os artigos.
_____________________________________________
Informe do xerente
Despois de realizarse varias reunións da Mesa de Negociación, na reunión realizada o día 27 a Xunta de Persoal rexeitou a proposta presentada pola Xerencia.
 
A Oferta presentada recolle de forma completa o compromiso de promoción que corresponde ao compromiso adquirido.
 
A quenda libre recolle a taxa de reposición (4 prazas) destas 4 prozas ofértanse unha do grupo A2 e outra do grupo A1, que foi o motivo que aduce a Xunta de Persoal para rexeitar a proposta.
 
A proposta combina un gran número de prazas promoción interna coa oferta por quenda libre dunha cantidade minoritaria de prazas, correspondéndose co que sucede noutras universidade entre as que se atopan as universidades públicas de Galicia.
___________________________________________________________
Quenda aberta de intervencións
Xosé Portela
O pasado mes de decembro a representación do PAS e o reitor asinaron un a RPT e un programa de promocións que recollía, nas bibliotecas a promoción de
todas as prazasl dos grupos A2 e A1.
 
O xerente ven de entregar á Xunta de Persoal unha proposta de OEP na que non se contempla o comprometido reservando para quenda libre unha praza do grupo A2 e outra do grupo A1 de bibliotecas rompendo coa filosofía de acceso, concurso e promocións, rachando, neste proceso co modelo de carreira profesional establecido até o momento na escala xeral, que na constitución do corpo único tomamos como referencia.
 
Por outro lado alcanzárase un acordo coa Xerencia, cando se falara da OEP de 2015 que correspondeu a prazas da escala técnica de que a seguinte, a de 2016, contemplaría, exclusivamente, prazas da escala xeral, escala na que, debido á inexistencia de Ofertas de emprego público existe unha interinidade moi elevada (máis de 50 traballadores e traballadoras). A Oferta que se nos presenta rompe, tamén, co acordado.
 
A representación do PAS, a Xunta de Persoal, rexeita a proposta presentada pola xerencia porque, ademais de incumprir os acordos supón un cambio radical na filosofía que deixa sen efecto o conseguido até o momento con respecto da carreira profesional, supoñendo un precedente por onde se intentarán colar as prazas que interesen ao equipo de goberno actual e aos que gobernen no futuro e que a Xunta de Persoal non pode consentir.
 
Iniciamos, ademais un proceso asembleario para tomar as medidas que conduzan a que o reitor e o seu equipo modifiquen a proposta.
_________________________________________________________
Problemas co Radon. Parece que alí onde se fan medicións saen datos moi elevados, agora na Facultade de Informática, a cuestión é que en lugares como a sala do CECAFI alcánzanse medicións moi altas que obrigaron a cambiar de ubicación ás traballadoras e traballadores, non obstante teñen que, periodicamente ocupar esa sala. En que situación están as traballadoras e traballadores que teñen que ingresar periódicamente nesa sala?
Solicito que, cando se produza unha situación como a sinalada se reúna de urxencia ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral para informar da situación e das medidas adoptadas.
--------------------------------------------------------------
Transcendeu, na prensa que varias universidades rompen o acordo acadado na CRUE para retrasar a implantación do Decreto de 3+2. É certo?. No caso de ser así, qué posición adoptou a CRUE e cal foi a da UDC?.
------------------------------------------------------------

Respostas:
Reitor:
A decisión da CRUE foi que, para as titulacións que xa se estaban a impartir, adiábase a aplicación do decreto de 3+2 ao curso 2017/2018. As novas titulacións xa poderían aplicar o decreto no curso 2016/2017. Non obstante, diante da situación que se aveciña, deberiamos iniciar, canto antes a discusión de como abordar esa circunstancia.
 
Xerente
Radon, na Facultade de Informática as medicións non dan un resultado tan preocupante como noutros centros. Estase a aplicar o protocolo e programáronse as medidas correctoras.
 
Insiste en que se está a cumprir ao 100% o acordo asinado. Sinala que calquera OEP debe apostar pola promoción , estabilización do persoal interino tanto en postos base como nos postos especializados.
 
__________________________________
 
Nova intervención de Xosé Portela
Ao respecto do decreto do decreto de 3+2 o que corresponde non é adaptarse a el o que precísase iniciar unha discusión sobre a alternativa que se lle presentará ao novo goberno que saia das urnas nas vindeiras votacións.
O reitor asente.
 
Ao respecto da situación en Informática corresponde, como en todos os casos, que todas as partes estean informadas
 
Sobre a OPE sabe o xerente que é falso que cumpra o pactado. Acordaramos que a OPE do ano 2016 contemplaría exclusivamente prazas da escala xerel, o acordado foi, tamén, que todas as prazas de bibliotecas sairían a promoción. Pola súa experiencia, porque teñen a titulación esixida e porque o demostraron, ou demostrarán, mediante a proba pertinente hai centos de traballadoras e traballadores nesta universidade capacitadas e capacitados para ocupar as prazas de postos dos grupos superiores en calquera das escalas.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript