NÚMERO 318 - 06/06/2016
CUTUDC / Novidades
A Xerencia da USC ven de publicar a INSTRUCIÓN VII/2016 DA XERENCIA DA USC POLA QUE SE ESTABLECE O PAGAMENTO DUNHA RETRIBUCIÓN DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO EN CONCEPTO DE RECUPERACIÓN DA PAGA EXTRAORDINARIA E ADICIONAL DO MES DE DECEMBRO DE 2012 EN APLICACIÓN DA DISPOSICIÓN ADICIONAL DUODÉCIMA DA LEI 48/2015, DO 29 DE DECEMBRO, DE ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO PARA O ANO 2016. A Xerencia aínda que na Lei se establece que ese pagamento se realizará en dous prazos, nos meses de abril e setembro, decide facelo nun único pago que realizará no mes de xullo.
Xustifica a
medida en que:
“No que atinxe á Universidade de Santiago, a
devolución en dúas partes desa recuperación
retributiva xera unha tramitación
económico-administrativa pouco eficiente ao ter que
repercutir a cada partida contra a que se mantén
persoal contratado por actividades de investigación
os importes correspondentes, xerando dous procesos
complexos na tramitación das nóminas. Verificada a
dispoñibilidade de tesourería, considérase xa que
logo conveniente realizar o pagamento da devolución
íntegra nun só prazo no mes de Xullo, intermedio
entre os dous fixados pola Comunidade Autónoma para
realizar a devolución ao seu persoal.”
Instrución
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript