Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 318 - 06/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Asembleas. Oferta de Emprego Público 2016

O xoves e venres, convocad@s pola Xunta de Persoal, realizáronse as asembleas de traballador@s en Ferrol e A Coruña. Nas reunións quedou claro que non imos deixar que o equipo de goberno da universidade impoña unha Oferta de Emprego que representa un cambio radical no modelo de acceso, promoción e concurso, polo que a Xerencia se dota da ferramenta necesaria para determinar, de xeito unilateral, que prazas saen a oposición, cales a promoción e as que son susceptibles de se ocupar mediante concurso, incumprindo, de paso, o pactado, que como sabedes coincidiu coa campaña electoral e que lle puido supoñer algún rédito electoral naquel momento. Para que te fíes.

 

  • Noticias relacionadas

 

Xogámonos moito nesta Oferta de Emprego Público pois é o punto de partida para que o xerente, de xeito discrecional determine os procesos de execución desta e das futuras RPT, nas que, unha vez iniciado este camiño ninguén nos asegura que a Xerencia faga o mínimo esforzo sequera para chegar a un acordo.
 
Esta OEP:
 
Abre o camiño á discrecionalidade pois o xerente, de xeito unilateral, decide que prazas reserva para a oposición libre.
 
Limita a carreira profesional pois as decisións no apartado anterior impedirán que as prazas que se contemplen na OEP como oferta libre poidan ser ocupadas mediante promoción interna.
 
Limita a oferta de prazas a concurso, polo mesmo motivo sinalado no punto anterior de levarse a efecto a OEP que propón o xerente, as prazas contempladas non poderán saír a concurso.
 
A decisión tomada polo xerente afecta a outras negociacións en marcha como no caso da regulación de listaxes de agarda.
 
Ao anterior temos que sinalar que:
 
É falso que a Xerencia cumpra, coa OEP que presentou, o pactado en plena campaña electoral, o acordado naquel momento foi que sairían a promoción todas as prazas da Escala de Bibliotecas, agora saca dúas dos grupos A1 e A2 a quenda libre.
 
Incumpre, tamén o xerente, o pactado ao se aprobar a OEP de 2015 momento no que chegamos ao acordo de que a OEP de 2016 correspondería, na súa totalidade, a prazas da escala xeral.
 
O equipo de goberno ten que saber que coa decisión adoptada abre unha fenda abismal na relación co colectivo e que, de non modificar a oferta, respectando os acordos alcanzados, obrigaranos a tomar as medidas necesarias para
facerlle a cambiar a súa proposta. 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript