Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317 - 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  REMUNICIPALIZAR - FERROL
 

Iniciativa cidadá que pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concello de Ferrol

O martes 24 de maio celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da nosa cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol.

 

  • Noticias relacionadas

 

 Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta pola empresa local (SEFCON) que administra Borja Silveira Rey, e a multinacional Fomento de Construciónes e Contratas (FCC).
 
Esta asemblea considerou que este contrato, ademais de ser ilegal no seu procedemento, segundo distintos técnicos consultados, que fan traballo de asesoramento a esta asemblea, é lesivo para os intereses do pobo de Ferrol, hipotecando o futuro da cidade.
 
Por todo isto aprobou constituírse en promotora dunha Plataforma pola Remunicipalización dos Servizos Públicos, nomeando unha coordinadora, que comezou a traballar cara o obxectivo de paralizar este contrato, e encetar o camiño da defensa da municipalización dos servizos públicos.
 
Abonda de saqueo!
Hai outras alternativas!
Si se pode!
 
Ferrol, 24 de maio de 2016
 
Asinado.-
 
Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero.
Lupe Ces.
 
Enviado por:
Plataforma Remunicipalizacion
-remunicipalizacion.plataforma@gmail.com-
26 de maio de 2016 13:40
 
Recollido de Ártabra 21
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript