NÚMERO 317 - 30/05/2016
CUTUDC / Novidades
A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña denunciou un novo peche de camas de cara ao verán. Serán 200 camas no complexo do CHUAC en unidades como coidados intensivos, paliativos, reanimación, uroloxía, pediatría ou medicina interna. A Xunta de Persoal critica un novo recorte nunha área con graves problemas de listas de espera, masificación e colapso habitual en urxencias.
A
representación das traballadoras denuncian que nun
principio o SERGAS comunicou a súa intención de
pechar a área de rehabilitación, na que o hospital
é referente no tratamento de persoas afectadas por
dano cerebral. Tras rectificar esta decisión
comunicaron outros peches ata contar o mesmo número
de camas que ían deixar de ser operativas.
A Xunta di que o 90% das camas estarán abertas
A xerencia de xestión integrada da Coruña
sinalan que son 155 as camas que se pecharán e non
200, como sosteñen os sindicatos. Engade que isto
supón que o 90 por cento estarán abertas, cando o
verán pasado a media de ocupación estaba no 75 por
cento, polo que a demanda estaría cuberta. Afirma
que se fose necesario abriríase o resto de camas,
pero que o habitual é unha redución da actividade
porque as patoloxías propias do inverno desaparecen
no verán.
Recollido de Cadena Ser
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript