Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317 - 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Oferta de Emprego Público 2016

O pasado venres, como xa se informou mediante un comunicado difundido por correo electrónico, a Xunta de Persoal abandonou a reunión convocada polo xerente para discutir a proposta de Oferta de Emprego Público de 2016. A situación, como sinala o comunicado deriva da intención da Xerencia de impoñer un cambio radical da progresión na carreira administrativa ao reservar prazas dos grupos A2 e A1 para seren cubertas en quenda libre.

 

  • Noticias relacionadas

 

 Ao sinalado no comunicado da Xunta de Persoal temos que engadir que o acordo de promocións alcanzado no seu día co xerente e asinado posteriormente co reitor contemplaba todas as prazas das escalas de arquivos, bibliotecas e museos da universidade. Advertimos de xeito reiterado á Xerencia que o cómputo de prazas que se facía na convocatoria de promoción non correspondía co acordo alcanzado. A Xerencia confirma pola vía dos feitos que a súa intención foi a de non cumprir o acordado.
 
A medida que se trata de impoñer mediante a OEP representa un importante recorte nos dereitos de todo o persoal funcionario ao restrinxir a promoción e os concursos de méritos. A situación parécenos tan grave que esixe unha resposta firme e unitaria por parte de todo o colectivo.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript