Número 317- 30 de maio de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Oferta de Emprego Público 2016

O pasado venres, como xa se informou mediante un comunicado difundido por correo electrónico, a Xunta de Persoal abandonou a reunión convocada polo xerente para discutir a proposta de Oferta de Emprego Público de 2016. A situación, como sinala o comunicado deriva da intención da Xerencia de impoñer un cambio radical da progresión na carreira administrativa ao reservar prazas dos grupos A2 e A1 para seren cubertas en quenda libre.

XUNTA DE GALIZA - UNIVERSIDADES ...

A Xunta devolverá o que nos recortou ilegalmente na extra de 2013

Unha nova evidencia de que estamos en ano electoral. Despois de múltiples sentenzas nas que se recoñece o dereito das traballadoras e traballadores dependentes da Xunta á restitución do diñeiro que se nos incautou e que corresponde aos meses de xaneiro e febreiro de 2013. Pero (sempre hai un pero) como si non tivera tempo desde que está a recibir sentenzas, todas elas obrigándolle a devolver o diñeiro, condiciona a restitución a que dea tempo á negociación laboral e ao debate parlamentario. Outra cousa á que insistentemente tamén recorre o PP, o 50% devolveríanolo neste ano e o outro 50% no ano 2017.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
XUNTA DE GALIZA

    O pasado día os medios de comunicación sinalaban a existencia dun informe da Comisión Europea e a Axencia Europea de Medio Ambiente sobre a calidade das augas de baño revela que Galicia conta con 33 puntos negros -23 na costa e 10 en cursos fluviais ou encoros- onde o baño non sería recomendable. Este informe reforza a denuncia e a mobilización que @s Farmacéutic@s Inspecto@s de Saúde Pública iniciaron contra os recortes e a pasividade da Xunta neste terreo, (a noticia na Voz de Galicia).

 SOS SANIDADE PÚBLICA
    A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña denunciou un novo peche de camas de cara ao verán. Serán 200 camas no complexo do CHUAC en unidades como coidados intensivos, paliativos, reanimación, uroloxía, pediatría ou medicina interna. A Xunta de Persoal critica un novo recorte nunha área con graves problemas de listas de espera, masificación e colapso habitual en urxencias.
 ACCIDENTE DO ALVIA
    Asegura que se deben seguir investigando diversos extremos expostos nas probas periciais. Vítimas e partidos políticos esixiron durante o proceso a imputación de cargos de Renfe e de Adif.
 A MAFIA NA ADMINISTRACIÓN
    Os demais traballadores da Sociedade Anónima municipal para a que presta servizos o arquitecto despedido militan no PSOE Confirma o TSJ a nulidade do despedimento do demandante ao considerar que obran en autos indicios suficientes de que a extinción do contrato obedeceu á non afiliación do traballador ao partido político imperante na Corporación que participa maioritariamente na Sociedade Anónima municipal na que presta servizos.
 SAT - #NoNosVamosSinAndrés
    O sábado 21 de maio tivo lugar unha rolda de prensa do sindicalismo de clase e alternativo para trasladar á opinión pública o apoio ás accións do Sindicato Andaluz de Traballadores e Traballadoras (SAT) para esixir a liberdade do sindicalista Andrés Bódalo, así como expor a amnistía social e o cesamento da represión social e sindical.
FRANCIA - REFORMA LABORAL

    Con escaseza de combustible no 20% das estacións de servizo do país e coas 19 centrais nucleares en folga, o presidente francés, François Hollande, reafirmou con todo a súa vontade de sacar adiante a reforma laboral e defendeu manter “a filosofía” do polémico proxecto.

LOITA SOCIAL

    Por terceira noite consecutiva, miles de persoas volveron manifestarse no barrio barcelonés de Gracia para repudiar a violencia policial e defender o “Banco Expropiado”, un local que desde 2011 fora colectivizado polos veciños e veciñas e desenvolvía actividades sociais.

• OPINIÓN - Antón Losada

    A revelación da carta de Mariano Rajoy aos Reis Meigos da Unión Europea contándolles o bo e obediente que fora toda a lexislatura, os seus propósitos de emenda tras darse ao dispendio en ano electoral, ou a súa confesión de tentar outra vez gañar as eleccións como sexa e logo xa recortará o que sexa, converteron a España no café de Rick en Casabranca; unha metáfora que empeza a converterse en rutina. Como sempre todos os xogadores, coa autoridade e o capitán Renault á cabeza, sorprendéronse escandalizados polo moito que se xoga aquí.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como vos informamos en boletíns anteriores a universidade acordou cos sindicatos CCOO e CIG a constitución dunha administración paralela para apoiar e xestionar os proxectos de investigación. Agora inténtase dar un paso máis integrando ese colectivo como PAS no Regulamento Electoral.
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 31 de maio realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Como facemos habitualmente poñémonos á vosa disposición para transmitir as vosas inquedanzas, preocupacións...
 REMUNICIPALIZAR - FERROL
    O martes 24 de maio celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da nosa cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol.
 CASO REGANOSA
    O sábado 21 de Maio deste 2016, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentaron denuncia no Xulgado de Garda de Ferrol, pola entrada, que estaba prevista para esa tarde, do Gaseiro "LNG Akwa Ibom" a REGANOSA, logo que o Tribunal Supremo en sucesivas sentencias declarara a ilegalidade das autorizacións de funcionamento da Planta de Gas.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    No mundo inxusto capitalista do que formamos parte, os gobernos tomaron por costume (quizais para redimir as súas conciencias, ter argumentos para calar bocas ou ben, para paralizar os cerebros pensantes da xente) ofrecer a modo de “parches” pequenas faragullas polas que, as persoas con menos recursos teñen, han de loitar entre si; mentres que o grande pastel adxudícase as grandes fortunas, sen procesos e requisitos tan duros coma os que si se esixen á maioría de nós.
 O SISTEMA
    De acordo cunhas recentes revelacións publicadas polo xornal El País, o presidente do goberno ultraconservador do PP, Mariano Rajoy, nunha carta persoal dirixida a Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea, comprometíase formalmente ante a UE para aplicar toda unha serie novos recortes, se salia airoso nos resultados das próximas eleccións.
 TTIP NON
    A campaña contra o TTIP, o tratado comercial que negocian EE UU e a UE, está a cobrar forza. O episodio da filtración, por parte de Greenpeace Holanda, dunha serie de documentos das negociacións que se mantiveran en segredo, provocou que este tratado chegase a coñecemento do gran público. E as consecuencias xa están aquí: a Comisión Europea comunicou onte que cortará o acceso -xa moi limitado- aos informes periódicos sobre a marcha das negociacións
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización Lingüística xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Kontseilua (Consello de Entidades do Euskera) e a Fundación Donosti 2016, presentaron a pasada terza feira o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, que se centra na protección das linguas minorizadas de toda Europa.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      EMIGRANDO

       
        NIVEL POLÍTICO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript