Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317 - 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  A MAFIA NA ADMINISTRACIÓN
 

Despedimento nulo do único traballador que non ostenta afiliación política da Corporación local

Os demais traballadores da Sociedade Anónima municipal para a que presta servizos o arquitecto despedido militan no PSOE Confirma o TSJ a nulidade do despedimento do demandante ao considerar que obran en autos indicios suficientes de que a extinción do contrato obedeceu á non afiliación do traballador ao partido político imperante na Corporación que participa maioritariamente na Sociedade Anónima municipal na que presta servizos.

 

  • Noticias relacionadas

 

O actor realizaba xornada de traballo a tempo completo, levaba a cabo as tarefas propias de arquitecto, e estaba moi ben considerado profesionalmente na empresa tal e como se desprende a carta de recomendación realizada polo que fose o Xerente da devandita Sociedade.
 
Tras o cesamento do actor quedaron na empresa catro traballadores, tres deles adscritos ao PSOE sen que a empresa ofreza razóns lexítimas que xustifiquen a elección do actor entre os tres arquitectos que compoñían o persoal. Acreditada a súa profesionalidade e dedicación, non se proba que fose máis aconsellable desde un punto de vista económico, produtivo ou organizativo o cesamento do actor sobre o dos demais traballadores.
 
A liberdade do empleador para elixir, concorrendo as causas obxectivas alegadas, cal dos traballadores debe resultar afectado pola medida extintiva, ten como límite o principio de non discriminación. Neste caso existen suficientes indicios que indican que a elección deste traballador obedece á súa non afiliación política, que o resto dos traballadores mantidos no seu posto si ostentan, precisamente ao partido político que goberna na Corporación. Neste punto, e como queira que a representación da Administración local non achega outros datos que desvirtúen esta conclusión, debe declararse a nulidade do despedimento.
 
VER SENTENZA COMPLETA AQUÍ

 
Conceyu por Otra Función Pública n´Asturies (COFPA)
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript