Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317 - 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

Segue a folga d@s Farmacéutic@s inspector@s de saúde pública

O pasado día os medios de comunicación sinalaban a existencia dun informe da Comisión Europea e a Axencia Europea de Medio Ambiente sobre a calidade das augas de baño revela que Galicia conta con 33 puntos negros -23 na costa e 10 en cursos fluviais ou encoros- onde o baño non sería recomendable. Este informe reforza a denuncia e a mobilización que @s Farmacéutic@s Inspecto@s de Saúde Pública iniciaron contra os recortes e a pasividade da Xunta neste terreo, (a noticia na Voz de Galicia).

 

  • Noticias relacionadas

 

 @s farmacéutic@s inspector@s de saúde pública denunciaron en Inspección de Traballo as ordes "ilegais" remitidas pol@s xef@s de servizo para intentar presionar @s FISP, nun claro intento de desnaturalizar o exercicio do dereito de folga. A Xunta desprega toda unha batería de medidas para coaccionar @s traballador@s entre as que ademáis de fixar abusivos servizos mínimos, xa denunciados no seu día, presiona para a realización de actividades non esenciais.
 
A pesares das coaccións as traballadoras e traballadores concentráronse, de novo diante da Consellería de Sanidade en San Lázaro para reclamar a apertura de negociacións para dar resposta as súas demandas encamiñadas na consecucións duns parámetros de calidade que aseguren unha mellor atención da poboación galega.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript