NÚMERO 317 - 30/05/2016
CUTUDC / Novidades
No mundo inxusto capitalista do que formamos parte, os gobernos tomaron por costume (quizais para redimir as súas conciencias, ter argumentos para calar bocas ou ben, para paralizar os cerebros pensantes da xente) ofrecer a modo de “parches” pequenas faragullas polas que, as persoas con menos recursos teñen, han de loitar entre si; mentres que o grande pastel adxudícase as grandes fortunas, sen procesos e requisitos tan duros coma os que si se esixen á maioría de nós.
E nesta senda
están Xunta e Concello de Vigo ofrecéndonos un
repertorio de axudas que, lonxe de ir á orixe da
inxustiza e desigualdade, fragmentan as nosas
vidas. O último exemplo deste xeito de entender a
xestión da miseria é o Cheque Social que vén de
anunciar Abel Caballero; isto é: as "axudas
extraordinarias a familias para gastos de
aloxamento, subministros e alimentación".
No caso de Vigo mentres Florentino Pérez -por medio
de CLECE- lévase a metade do orzamento en políticas
sociais da cidade para 2016, as veciñas máis
empobrecidas temos que pelexar polo millón e medio
de euros do cheque social.
A convocatoria deste ano é moi parecida ao do ano
anterior:
1. Orzamento: 1.550.000 € (+ 59.986 € para
recursos)
O ano pasado o orzamento foi de 2.000.000 €.
2. Cita previa para entregar as solicitudes
O goberno municipal pretende eliminar as “colas da
vergoña” na praza do Rei introducindo un sistema de
cita previa. As citas -concello, Coia e Rivera
Atienza- hai que pedilas chamando ao 010 ou a
través da web do concello.
3. Vivenda (non débedas comunidade),
alimentación e luz e gas
Como nas anteriores convocatorias as facturas da
auga non entran malia continuar os cortes nunha
cidade na que non hai ordenanza que garanta o
acceso a fogares empobrecidos.
4. Esixencia de 3 anos de empadroamento en Vigo
Mentres ca no caso das axudas municipais que se
poden solicitar durante todo o ano o período de
antigüidade é de 6 meses; nestas empregase o tempo
do padrón para deixar fóra destes cartos a moitas
persoas en situación de vulnerabilidade.
5. Unidade de convivencia
Se hai dous núcleos familiares con menores a cargo,
considéranse dúas unidades de convivencia.
Seguiremos a reivindicar o dereito de cada persoa,
individualmente, a satisfacer as súas necesidades
básicas.
6. Migrantes con tarxeta de residencia ou
comunitarios inscritos no Rexistro Central de
Estranxeiros
Resistividades coma esta (non abonda o padrón?)
alimentan a competencia e fragmentación entre as
que sufrimos a miseria.
7. Todos os membros da unidade de convivencia
empadroados no domicilio cando menos dende o día 1
do mes anterior ao da solicitude, é dicir, 1 de
abril de 2016
8. Ingresos computables no momento da solicitude
(nómina do mes inmediatamente anterior).
En anos anteriores denunciamos a arbitrariedade do
concello á hora de computar os ingresos, xa que non
estaba reflectido nas bases. s ingresos computables
poden ser de abril ou maio (dependendo de cando
presentemos a solicitude: en maio ou xuño).
9. Se se está a aboar pensión alimentos
(recoñecida en sentencia) se permite computar a ese
fillo menor como membro da unidade de convivencia
10. Prazo para solicitar é de 20 días hábiles,
os cales rematan o 15 de xuño
11. O prazo resolución que ten o concello é de 3
meses dende o fin do prazo de solicitude, é
dicir, remataría o 15 setembro.
Ao seren o silencio negativo non temos posibilidade
de reclamar as demoras na tramitación. Lembramos
que nas anteriores convocatorias as resolucións non
chegaron até final de ano, coa consecuente
incertidume para os fogares que a solicitaron.
Malia teren aprobados os orzamentos aprobados dende
finais de 2015 agardaron a mediados de ano para
lanzar a convocatoria.
12. Ingresos e gastos máximos:
Fixar uns limiares tan baixos provoca que teñamos
que estarmos na absoluta miseria para acceder ao
cheque, feito que unido a escoller o modelo de
concorrencia competitiva das axudas, provoca que
fique moi lonxe a vontade de garantir o dereito
efectivo a unha vida digna para todas.
Abonda xa de repartir esmola, esiximos a
repartición da riqueza de todas. Fronte a esta
aposta por institucionalizar a esmola, reclamamos
dereitos sociais! Renda básica das iguais e moito
máis!
Coia, maio 2016
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript