Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317 - 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA - UNIVERSIDADES ...
 

A Xunta devolverá o que nos recortou ilegalmente na extra de 2013

Unha nova evidencia de que estamos en ano electoral. Despois de múltiples sentenzas nas que se recoñece o dereito das traballadoras e traballadores dependentes da Xunta á restitución do diñeiro que se nos incautou e que corresponde aos meses de xaneiro e febreiro de 2013. Pero (sempre hai un pero) como si non tivera tempo desde que está a recibir sentenzas, todas elas obrigándolle a devolver o diñeiro, condiciona a restitución a que dea tempo á negociación laboral e ao debate parlamentario. Outra cousa á que insistentemente tamén recorre o PP, o 50% devolveríanolo neste ano e o outro 50% no ano 2017.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na UDC o PAS laboral (o que no 2013 era persoal laboral) xa conseguira, por sentenza do Tribunal Supremo a restitución do diñeiro e esperabamos que a devolución se estendera ao PAS funcionario. Desde a representación da APA tanto no Consello de Goberno como no Consello Social e no Claustro, tamén reclamamos da universidade que reivindicara diante da Xunta, o orzamento necesario para facer esa devolución aos dous colectivos.
 
A restitución que abordará a Xunta é insuficiente. Seguimos reclamando a devolución de todo o diñeiro que se nos confiscou todos estes anos.
 
A noticia na Voz de Galicia
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript