Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317- 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Hai alternativas
Parto da base de que os docentes da universidade defenden os seus intereses corporativos, os seus privilexios e que, cando se presentan ás eleccións a reitor sae elixido o que mellor defende eses privilexios. O PAS somos ese mal que teñen que soportar pero que, como subordinados, temos que estar ao servizo dos que se entenden a si mesmos como a parte esencial da universidade. Para estes a comunidade universitaria componse, exclusivamente de profesores e alumnos (o que ensina e o que aprende), evidentemente nesta relación o que ensina prevalece sobre o que aprende, faltaría máis. No medio destes dous colectivos pululamos uns seres aos que consideran, en xeral, persoal subalterno, prescindible e, como non, susceptible de privatizar. Nas campañas electorais acércanse prometéndonos o reparto dalgunhas migallas, optimistas por natureza, entramos nunha fase de euforia. Cando o docente de turno xa se aferrou á poltrona a realidade danos un bo sopapo nos dentes e espertamos do soño decatándonos de que o xerente levounos ao horto e de que o reitor electo cos nosos votos (ou non pero o candidato alternativo faría o mesmo), mentiunos descaradamente. Temos alternativas ao aborregado voto?, si, a dignificación, crear colectivo, responder e non dobregarnos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript