Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317 - 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  O SISTEMA
 

Por que políticos e medios silenciaron a carta secreta de Rajoy a Juncker?

De acordo cunhas recentes revelacións publicadas polo xornal El País, o presidente do goberno ultraconservador do PP, Mariano Rajoy, nunha carta persoal dirixida a Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea, comprometíase formalmente ante a UE para aplicar toda unha serie novos recortes, se salia airoso nos resultados das próximas eleccións.

 

  • Noticias relacionadas

 

A relación epistolar desvelada polo País  entre o primeiro mandatario español e o político europeo, non debe conducirnos a pensar, nin moito menos, que o  rotativo madrileño avogue por resistir ante as esixencias da gran banca  europea. Tales revelacións son simplemente  a expresión do duro forcexeo e as contradicións existentes entre os diferentes grupos institucionais españois, que se disputan encarnecidamente  a Administración do aparello do Estado. Na publicación da miserable epístola tamén influíu, como non, a primicia xornalística nestes tempos de penurias, nos que a prensa de papel atópase cada dia máis próxima  á quebra económica.
 
A cuestión é, por outra banda, que tanto o Partido Popular como o PSOE, Podemos e Cidadáns non contemplan nos seus respectivos programas o máis leve indicio de resistencia fronte ao espolio ao que a Banca europea continuará sometendo á economía española e á do resto do Sur  de Europa, no curso dos próximos anos. O propósito de pagar relixiosamente os intereses leoninos non é, pois, unha novidade no panorama político español.
 
Con todo, o feito de que por unha banda Rajoy anuncie ante o seu electorado que vai reducir os impostos e, por outra, escríballe secretamente  a Juncker una unha discreta misiva prometéndolle que aplicará rigorosos recortes se sae triunfador no próximo reto electoral, non podía menos que  provocar o asombro dalgúns correspondentes da prensa estranxeira en España.
 
Así, o correspondente do xornal "Irish Times" , Guy Hedgecoe manifestaba nun artigo o seu estupor ante a pasividade coa que a noticia foi acollida en España. ”A carta de Rajoy -escribía Hedgecoe-  debería provocar unha indignación enorme nos españois . E non o fixo”
 
O xornalista estimaba que esta sorte de submisión resulta “inadmisible” nun presidente de goberno. "E, ademais quítalle a pouca credibilidade que quedaba ao presidente español   a revelación de que se comprometeu coa UE para executar máis recortes".
 
Cunha descomunal dose de inxenuidade, Hedgecoe sorprendíase , así mesmo , que a esta insólita revelación “non se lle estea dando en España a importancia que ten o asunto”. "É algo -dicía pampo o xornalista-  que se trata dun tema que afecta a todos os españois e debería provocar unha indignación enorme… “pero non o fixo ata agora”,  asombrábase o correlponsal.
 
Hedgecoe aseguraba que  no Reino Unido, se un primeiro ministro se comprometese a máis austeridade dunha forma similar, “sería criticado por todos lados”.
 
Guy Hedgecoe di que a carta na que Rajoy se compromete a novos recortes, “é moi relevante para España, porque as medidas de austeridade foron un asunto dramático para os españois no últimos cinco anos. Isto debería ser un tema moi presente na campaña electoral" .
 
"Pero, ademais, - proseguía o correspondente do  "Irish Times"- creo que esta revelacións teñen impacto a nivel europeo e interesa ao público porque o éxito ou o fracaso das políticas de austeridade afecta a outros países" . 
 
Pero a explicación do silencio letal mostrado polos políticos e a prensa española hai que atopala , sen dúbida, no feito de que ningún dos partidos con peso no espectro electoral - PSOE, Podemos e Cs-  teñen nos seus programas a máis mínima vontade política de facerlle fronte ás futuras  esixencias europeas. Esa é a razón, e non outra,  pola que prefiren que o tema pase desapercibido pola opinión pública. De suceder  o contrario, podería suscitar  preguntas inconvenientes  para as que  tanto os vellos como os  novos partidos institucionais, non teñen resposta algunha. Ou, en calquera caso,  esta sería  inconfesable ante os seus electores.

Aday  Quesada / correspondente en Madrid de CANARIAS SEMANAL
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript