Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317 - 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Resistencia popular en Barcelona fronte a violencia e especulación inmobiliaria

Por terceira noite consecutiva, miles de persoas volveron manifestarse no barrio barcelonés de Gracia para repudiar a violencia policial e defender o “Banco Expropiado”, un local que desde 2011 fora colectivizado polos veciños e veciñas e desenvolvía actividades sociais.

 

  • Noticias relacionadas

 

A noite deste mércores, a policía volveu cargar con dureza contra os asistentes á mobilización, que baixo o lema “Rodeemos o Banco” (Rodegem o Banc), expuxeron recuperar ese espazo de articulación de loitas populares cunha cadea humana.
 
O punto de partida da protesta foi a Praza da Revolución, que xa ás 21:00 horas se atopaba practicamente chea e evidenciaba unha maior asistencia de manifestantes.
 
A marcha transcorreu sen problemas ata as 22:30 horas, cando os axentes de policía comezaron a cargar para disolver a protesta. A violencia policial desencadeou disturbios no barrio e comezaron a xerarse enfrontamentos e barricadas en varias rúas como Gran de Gracia ou Asturias.
 
Os colectivos defensores do Banco Expropiado advirten que a empresa propietaria do local, que preme para o desaloxo, dedícase á especulación inmobiliaria.
 
LibreRed
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript