Maio de 2016
 
 

NÚMERO 317 - 30/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACCIDENTE DO ALVIA
 

A Audiencia Provincial reabre a instrución polo accidente do Alvia

Asegura que se deben seguir investigando diversos extremos expostos nas probas periciais. Vítimas e partidos políticos esixiron durante o proceso a imputación de cargos de Renfe e de Adif.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Audiencia Provincial de A Coruña ordenou reabrir a instrución que investiga as causas do accidente do tren Alvia que supuxo 80 mortes e máis dun centenar de feridos o 24 de xullo de 2013, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
 
A sala conclúe que o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago debe seguir investigando para aclarar diversos extremos expostos nas probas periciais. Esta mesma semana, o xuíz decidira non retirar os vagóns e máquinas do tren da súa actual ubicación --nunha empresa de Padrón--, á espera da decisión da audiencia provincial.
 
O caso reaberto quedou pechado o pasado octubre polo Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela deu por finalizada a instrución da causa aberta coa única imputación do maquinista do tren, José Garzón Amo. Nese accidente, acontecido o 24 de xullo de 2013, faleceron 80 persoas e máis de 140 resultaron feridas.
 
O primeiro xuíz instrutor do caso, Luís Aláez, que asumiu a causa desde o propio día do sinistro até xuño do ano 2014, chegou a imputar até en dúas ocasións a cargos e responsables do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) pola súa presunta responsabilidade no accidente, pero a Audiencia Provincial da Coruña levantou as imputacións en ambas as ocasións, de modo que desde outubro de 2014 o maquinista é o único imputado na causa.
 
Galicia Confidencial
 
As vítimas, esperanzadas
 
A reapertura da instrución deixou satisfeitas ás vítimas, que xa se declararon "esperanzadas", Tras coñecerse a decisión o presidente da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, sinalou que é a resposta máis "lóxica", xa que consideran que existen  "máis responsables" no sinistro ademais do maquinista, Francisco Garzón.
 
En concreto, os prexudicados polo descarrilamento sinalan a Adif, responsable da vía, e á operadora ferroviaria, Renfe, por decisións que entenden que supuxeron unha diminución da seguridade na liña Ourense-Santiago. Por iso, o peche da instrución sen resolverse extremos que denuncian tanto os afectados como o avogado do maquinista sería, desde o punto de vista de Domínguez, "unha vergoña".
 
A pesar de todo, o portavoz das vítimas recoñeceu que non esperaban a noticia. Recoñécese "anonadado", pero interpreta que a decisión responde a que "a Audiencia debeuse leer os papeis" --a causa suma máis de 25.000 folios--, algo que, na súa opinión, "non fixeron nin o fiscal nin o xuíz".
 
Jesús Domínguez entende que a reapertura da instrución é "un pau" tanto para o responsable do Ministerio Fiscal, Antonio Roma, como para o maxistrado instrutor, Andrés Lago , que retomou un caso que inicialmente levou Luís Aláez.
 
Apuntou que as vítimas estudan se tomar algún tipo de determinación en relación con que sexan este mesmo fiscal e este mesmo xuíz os que sigan a partir de agora na causa.
 
Galicia Press
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript