Maio de 2016
 
 

NÚMERO 316 - 23/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

A Xunta negocia cos sindicatos a modificación parcial do decreto de listaxes de agarda

O pasado 13 de maio realizouse unha reunión da Comisión de Persoal da Xunta na que se abordou a modificación parcial do decreto 37/2006 polo que se regula a contratación temporal de persoal na Xunta de Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

 

A negociación abordouse baixo a ameaza da representación da institución de que, de non chegar a un acordo inmediato, a negociación pospoñeríase até a nova lexislatura.
 
A proposta recolle peticións que se veñen realizando de xeito insistente por parte da representación sindical aínda que durante a discusión os sindicatos puxeron enriba da mesa reivindicacións que a representación da Xunta quedou en analizar.
 
Dentro das melloras que se recollen no texto presentado pola Xunta están:
 
- A posibilidade de renunciar sen penalización en diversas circunstancias
- A incorporación ás listas, despois dunha penalización, será automática a solicitude d@ interesad@,
- A suspensión de chamamentos será efectiva ao dia seguinte da solicitude e indefinida até que se solicite a incorporación, sendo efectiva a incorporación aos 30 días.
 
A seguinte reunión quedou fixada para o día 20. Ao peche do PASquín non tiñamos información do tratado na reunión da que vos informaremos no vindeiro boletín.

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript