Número 316- 23 de maio de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

A voltas coa xornada de verán

Que queremos recuperar a xornada reducida que tiñamos durante o período de verán é coñecido pola Xerencia porque se lle manifestou en reiteradas ocasións, o xerente, non obstante, sempre respondeu propoñendo ou ben negocialo dentro dun paquete que incluíse outros aspectos (non chegou a sinalalos) ou ben rexeitando esa posibilidade significando que había que adaptar o período de redución ao calendario académico sinalando que cada vez o curso remataba máis tarde e comezaba antes.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
XUNTA DE GALIZA

    O pasado 13 de maio realizouse unha reunión da Comisión de Persoal da Xunta na que se abordou a modificación parcial do decreto 37/2006 polo que se regula a contratación temporal de persoal na Xunta de Galicia.

 XUNTA DE GALIZA
    O Sergas asinou coa maior parte dos sindicatos presentes na mesa sectorial un novo pacto de selección de persoal estatutario temporal. En concreto, apoiárono CIG, CCOO, CSIF, UXT e CESM-O'Mega, só se opuxo o sindicato enfermeiro Satse e o SAGAP que non ten representación na mesa.
 MUNICIPALIZACIÓN E REMUNICIPALIZACIÓN
    Este venres 13 de Maio de 2016, tiña lugar, en Caranza no local de Fuco Buxán, unha moi interesante xornada de traballo sobre municipalización, remunicipalización e loita popular-veciñal contra o saqueo das arcas públicas.
 A PRECARIEDADE LABORAL MATA
    Um trabalhador de umha companhia auxiliar morreu hoje nos estaleiros de Fene ao cair de um tanque no dique da fatoria de Navantia em Perlio.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS- COIA
    A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non debería estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terríbeis como a do corte desta subministración.
SAHARA LIBRE

    A organización saharauí Frente Polisario (FPolisario) considerou ilegal a extracción de area por parte dunha compañía española da cidade do Aiun, rexión ocupada por Marrocos, informou este martes a publicación local Sahara Press Service.

FRANCIA - REFORMA LABORAL

    Como é sabido, o goberno do presidente francés, François Hollande, apelou ao artigo 49-3 da Constitución gala para lograr impoñer, sen control parlamentario, a reforma laboral que recibido o rexeitamento case unánime dos traballadores.

CRISE ESTAFA

    A economía española crece a un ritmo menor que os compromisos de pago. O Estado español debe máis diñeiro que a riqueza que xera o estado. Por primeira vez desde 1909 a cifra de débeda pública española supera o 100 por cento do Produto Interno Bruto (PIB).

• OPINIÓN - Antón Losada

    Coas chamas e a xigantesca nube negra de Seseña, quéimanse dúas décadas de desidia, incompetencia e, sobre todo, turbios negocios privados a cambio de ocultar as consecuencias da falta de xestión pública

    
  •   
 
 XUNTA DE GALIZA
    O día 18 deste mes deu comezou a folga indefinida convocada pol@s Farmacéutic@s Inspector@s de Saúde Pública para reclamar a dotación dos recursos necesarios, tanto humanos como materiais, coa finalidade de poder afrontar as situacións sanitarias de calquera índole que puideran producirse no noso territorio.
 CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA
    As declaracións do sr Rosell de "ganárselo todos los días" ben poderían ser "o cabalo branco de Santiago". O Risto Mejide dos empresarios deléitanos outra vez cunha frase provocadora pero dunha obviedad na que o crítico do soado programa televisivo non caese.
 DECRECEMENTO
    Dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado, convidan a asistir o vindeiro luns 23 de Maio ás 12.00 h no salón de actos do campus de Esteiro á charla-coloquio a cargo do profesor de economía da Universidade CEU Cardenal Herrera de Valencia, Enrique LLuch Frechina.
 MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
    Este ano A Marcha Mundial das Mulleres, en Ferrol como noutras cidades da Galiza, conmemoramos o 24 de Maio "Dia Internacional das Mulleres pola Paz", presentando a campaña que a Marcha xunto con BDS iniciamos para apoiar e dar a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade “MULLERES RUMBO A GAZA”
 LISTAS DE ESPERA
    O paquete de medidas no ámbito sanitario anunciado este xoves polo presidente da Xunta, que inclúe cinco millóns para reducir as listas de espera, non convence en absoluto á Plataforma Anti-privatización da Sanidade pública
 SAT - #NoNosVamosSinAndrés
    “Eu teño cravada na miña conciencia, desde a miña infancia, a visión sombría do xornaleiro. Eu vinlle pasear a súa fame polas rúas do pobo, confundindo a súa agonía coa agonía triste das tardes invernais…”. Blas Infante, ‘Ideal Andaluz' (1915)
 TTIP
    O elemento central do TTIP (como o foi en tratados anteriores, como NAFTA –entre Canadá, EEUU e México-) é non só a redución de aranceis (xa de seu moi baixos) entre os dous continentes, senón tamén a homoxeneización a ambos os dous lados do Atlántico Norte das regulacións nas áreas de actividade económica, que inclúen agricultura, seguridade alimentaria, produtos manufacturados e técnicos, servizos (incluíndo servizos financeiros), protección da propiedade intelectual e intervencións públicas (entre outras), que afectan á actividade económica privada de cada país.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Miles de persoas acudiron a Santiago de Compostela ao chamado de Queremos Galego. Deixamos aquí unha selección de galerías fotográficas e vídeos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        CHEGA O T.T.I.P.

         
          PAGOS NASADMINISTRACIÓNS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript