Maio de 2016
 
 

NÚMERO 315 - 16/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES GALEGAS
 

As universidades galegas avanzan na funcionarización do PAS laboral

Mentres Universidade da Coruña está próxima a concluír o proceso de funcionarización, unicamente falta realizar unha convocatoria extraordinaria acordada coa Xerencia para “repescar” a todo o persoal que por diferentes motivos non participou ou suspendeu nas convocatorias ordinarias xa realzadas, as outras universidades galegas inician o proceso. As respectivas Xerencias realizaron as correspondentes propostas e xa iniciaron as conversas cos órganos de representación das traballadoras e traballadores.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Universidade de Compostela, a última en incorporarse a este proceso a Xerencia, enmarcado dentro do Plan Económico-financeiro de Reequilibrio, debido á débeda institucional, contempla na súa proposta:
 
DIMENSIONAMENTO DE RECURSOS NECESARIOS:
 
-A funcionarización de persoal laboral, para xerar incentivos para a súa participación nese proceso, pode esixir un importe estimado en arredor de 300 mil Euros, e un aforro en costes sociais de 1 millón de Euros na hipótese de que se dese unha participación efectiva e total do persoal. Tal perspectiva non se considera realista, sendo quizáis máis correcto supoñer que o persoal que poda participar de forma exitosa no proceso sexa o 60% do total do cadro actual, o que aportaría un aforro en custes sociais duns 600 mil Euros. Con tal formulación, os recursos netos que, en 4 anos, poderían liberarse pola funcionarización a destinar a outras finalidades, sería de 300 mil Euros.
 
-A dotación de novos efectivos, supoñendo que se puidese producir a un ritmo de 6 prazas anuais, cun coste promedio de 30.000 Euros por praza, requiriría 180 mil Euros anuais, e 720.000 €(e 24 prazas) en catro anos.
 
-A corrección de desequilibrios retributivos entre colectivos, requiriría aproximadamente outros 100 mil Euros anuais ( 400 mil en 4 anos).
 
-Por último, os axustes derivados da reorganización de servizos, esixirían dispoñer como mínimo da orde de 75.000 Euros por ano (300 mil en 4 anos).
 
Con estas cifras, o balance sería o seguinte:
 
NOVOS GASTOS
 

Novos efectivos

720.000 €

Corrección de desequilibrios entre colectivos

400.000 €

Incentivos á funcionarización

300.000 €

Reorganización de servizos

300.000 €

TOTAL DE NOVOS GASTOS

1.720.000 €

AFORROS DERIVADOS DA FUNCIONARIZACIÓN

600.000 €

RECURSOSORZAMENTARIOSESIXIDOS

1.170.000 €

Promedio orzamentario anual a adicar á política de PAS

292.500 €

 
Dadas as circunstancias do PGFU tal cantidade considérase viable (en 2016 vanse adicar 200 mil Euros á mesma finalidade ).
 
Para abordar esta proposta, considérase necesario establecer a mesa xeral de negociación do persoal funcionario e laboral de administración e servizos prevista no artigo 46 dos Estatutos, e unha validación destes criterios no ámbito institucional, no marco das liñas xerais definidas polo Claustro, e desenvolto, en paralelo á negociación no plano sindical, a través de acordos do Consello de Goberno e do Consello Social.
 
Proposta da Xerencia da UVigo
 
Proposta da Xerencia da USC

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript