Maio de 2016
 
 

NÚMERO 315 - 16/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS COMPOSTELA
 

Novo drama dunha nai en risco de desafiuzamento con catro fillas ao cargo

Stop Desafiuzamentos Compostela alertou este mércores das dificultades para manter a súa vivenda que está a padecer unha muller vítima de violencia de xénero con catro fillas que foron violadas polo seu pai no concello da Baña, para o que a Fiscalía pide unha pena de prisión de 67 anos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Stop Desafiuzamentos denuncia que a familia percibe 426 euros cos que "non pode nin pagar" a hipoteca e está a sufrir "ameazas" de desafiuzamento por parte do seu banco.
 
Ademais, deu conta de que estas mulleres "seguen necesitando protección policial" malia que o agresor se atopa "entre reixas", algo que relaciona con que algúns veciños reservan a súa "solidariedade" para o home e prefiren "cargar contra as vítimas".

 
Galicia Confidencial
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript