Maio de 2016
 
 

NÚMERO 315 - 16/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  SENTENZAS
 

Un Tribunal de selección non pode encomendar a realización dunha proba a unha empresa privada

Unha recente sentenza ditada o 31 de marzo pola Sala do Contencioso - Administrativo do Tribunal Supremo (recurso 994/2015) aborda un curioso caso de "privatización" dun proceso selectivo de concurso - oposición para a cobertura de prazas básicas vacantes da categoría de Enfermeiras do Servizo Andaluz de Saúde.

 

  • Noticias relacionadas

 

As bases do proceso selectivo permitían delegar a execución e valoración da terceira proba  nunha entidade privada - o Centro de Psicometría e Psicodiagnóstico foi a escollida-, de tal maneira que o Órgano de selección, nun patente abandono de funcións, limitouse a aceptar sen máis o resultado da valoración realizada pola devandita empresa.
 
O Tribunal Supremo sinala que " como xa declarou esta Sala ,véxanse por todas as sentenzas do 25 de xuño de 2012 , ou 20 de febreiro de 2013 , referidas á recepción acrítica de informes elaborados por empresas privadas en materia de contratación, unha cousa é que o Tribunal poida solicitar asesoramento sobre unha determinada materia do proceso selectivo e outra a atribución completa de unha das súas fases a unha empresa privada, da que se descoñece quen fai as valoracións, coa imposibilidade da recusación dos seus compoñentes, e que ademais non está suxeito á lexislación administrativa e en consecuencia ás necesidades de motivación, de establecemento dos criterios de corrección do exercicio tipo test, o que se traduce na falta de garantías dos opositores"
 
Aínda que a Administración sostiña que non houbo un abandono total do control da proba de competencia polo Tribunal Calificador, o Tribunal Supremo  deduce "que era a base, á que se acolle a Administración, a que prevía que a realización e valoración da proba sería a cargo da empresa privada, e esta Sala vén mantendo que cando as bases son ilegais, provocan a vulneración da tutela xudicial efectiva dos interesados e o dereito para acceder á función publica en aplicación do articulo 23.2 e 24.1 da nosa norma constitucional ,e en consecuencia prodúcese a vulneración destes dereitos fundamentais e é posible nestas circunstancias as impugnación das bases, a pesar de non combatelas antes da celebración do proceso competitivo"
 
A consecuencia é a estimación do recurso de casación ordenando a retroacción de actuacións ao momento posterior á realización da terceira proba, para que polo Tribunal Cualificador se proceda, previo establecemento dos criterios de selección, e sen prexuízo de solicitar os asesoramentos que teña por conveniente, á valoración da devandita proba, debendo motivar concretamente a nota de cada un dos opositores, coas consecuencias legais que se deriven destas actuacións.
 
Como se observa, a tendencia privatizadora da Administración -ou externalizadora, en terminoloxía ridícula - non ten límites e a súa forza expansiva chega ata a realización e valoración de probas selectivas para o acceso ao emprego público por parte de empresas privadas.
 
Encargará a Dirección Xeral de Función Pública da Xunta ao Corte Inglés a convocatoria dos próximos concursos de méritos? 
 
SENTENZA COMPLETA AQUÍ

Recollido de Conceyu por Otra Función Pública n´Asturies

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript