NÚMERO 315 - 16/05/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado xoves, día 12, tivemos unha reunión co xerente na que abordamos os asuntos de actualidade. O xerente iniciará unha rolda cos sindicatos para obter información, e apoio, á Oferta de Emprego Público que presentou na última reunión da Xunta de Persoal.
APA
mostrámonos firmes na posición de rexeitamento que
manifestamos unanimemente como Xunta de Persoal
nesa xuntanza. Pola súa banda o xerente insistiu no
argumentario desa reunión facendo fincapé no número
de prazas a promoción comparada coas de
convocatoria libre e da necesidade que os novos
titulados teñan espazos aos que optar. APA
reiterámoslle os argumentos que puxemos, tamén
naquela reunión, enriba da mesa e que vos
manifestamos xa no artigo sobre este tema.
Sinalámoslle que nós, a APA, ao deixar na práctica
sen efecto o barrado, faríamos casus belli desta
situación. Se segue co procedemento,
manifestámoslle que ben podería darse a situación
de que o Consello de Goberno estivese aprobando a
OEP con mobilización na porta.
Aproveitamos a circunstancia para preguntarlle pola
retirada da páxina web da resolución que regula o
procedemento de cobertura temporal de postos,
sinalou que se retirara porque contiña
incongruencias debido ás présas coas que se
abordara. Requirímoslle que antes de publicar nada,
aínda que houbera acordo entre as partes, se pasase
á Xunta de Persoal a redacción para ser verificado
e darlle o prace. Quedou en facelo. A nós as
compañeiras do Servizo de Persoal que se ocupan de
levar a efecto esta resolución sinaláronnos varias
eivas que deberiamos tratar.
Preocupad@s por atopar algunha base legal que
fundamente a non discriminación ,nas convocatorias
de oposición,do persoal que con contrato laboral
interino está realizando funcións en prazas da RPT
de PAS funcionario. Proporcionóusenos ao
informarnos de que no
BOE nº 70 do 22 de marzo de 2016 que publica o Real
Decreto 105/2016 polo que se aproba a oferta de
emprego público para o ano 2016 que contempla, no
artigo 3, apartado 7:
“7. Nos procesos selectivos nos
que exista unha fase de concurso, contemplarase
especificamente, entre outros méritos, a valoración
da experiencia acreditada polos candidatos que, con
carácter interino ou temporal, desempeñaran
funcións análogas”
Asegúrase, deste xeito, o dereito das traballadoras
e traballadores ao cómputo do tempo traballado como
persoal laboral. Esta circunstancia xunto coa
decisión da Xunta de Persoal e da Xerencia de
homologar ámbalas dúas modalidades (nomeamento e
contrato en funcións análogas) na valoración do
tempo traballado aseguran a igualdade de trato que
reivindicamos.
Insistimos no horario de verán. Transmitímoslle a
Resolución do 25 de novembro de 2015, da Secretaría
de Estado de Administracións Públicas, pola que
se modifica a do 28 de decembro de 2012, pola que
se ditan instrucións sobre xornada e horarios de
traballo do persoal ao servizo da Administración
Xeral do Estado e os seus organismos públicos.
Recordámoslle a petición da Xunta de Persoal para
que toda a normativa que afecte ao PAS funcionario
sexa revisada pola Oficina de Igualdade coa
finalidade de que, como mínimo, se adapte á
lexislación vixente co ánimo de superar incluso
esta lexislación. Pediu que lle fixésemos a
petición de xeito oficial.
Roupa de traballo, xustificou o xerente a tardanza
na entrega en que o provedor que gañou a
licitación, decidiu, por motivos que non
explicitou, renunciar. No servizo están rematando
os trámites para a entrega o antes posible.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript