NÚMERO 315 - 16/05/2016
CUTUDC / Novidades
E, no que coinciden todos os partidos políticos que preparan a artillería electoral estes días, é en seguir ocultando, que goberne quen goberne, e como levamos vendo desde 2008, estamos inmersos nun programa perfectamente proxectado de axuste (eles chámano “crise”), que todos eles están obrigados a aplicar cando gobernen como quedou demostrado co exemplo grego.
A
Autoridade Fiscal Independente (AIReF),
organismo “publico” que a Comisión Europea esixiu
crear a todos os países da U.E. para “vixiar”
ás administracións públicas e garantir o
cumprimento dos obxectivos de estabilidade
orzamentaria, é dicir, os recortes do gasto
social, creouse no estado español en 2014.
Este novo organismo represor foi creado co mellor
de cada casa: persoal procedente do Banco de
España, o BCE, a Intervención Xeral ou mesmo o FMI,
sendo o seu presidente José Luis Escrivá, ex
director do servizo de Estudos de BBVA. As súas
funcións son emitir informes preceptivos, e como
tal, o xoves remitiu ao Goberno un informe no que
chega á conclusión de que tanto o conxunto dos
ingresos, como o dos gastos, están infravalorados
nas previsións gobernamentais.
Para a AIReF, a partir de 2017 as proxeccións de
ingresos fiscais incorporadas “poden considerarse
conservadoras mentres que a senda de gasto, nun
escenario sen medidas adicionais, parece demasiado
optimista”. No que respecta a sanidade,
o gasto podería estar infravalorado entre 5.000 e
os 8.000 millóns, mentres que en educación,
entre 3.500 e 4.500 millóns de menos.
Con toda seguridade, o Goberno en funcións
esconde medidas para frear o gasto sanitario e
educativo a medio prazo, medidas que pola
proximidade do circo electoral, non foron
explicadas no Programa de Estabilidade 2016-2019
presentado en Bruxelas a finais de abril.
No devandito Programa de Estabilidade prevese que o
gasto en saúde seguirá baixando desde o 6,17% do
PIB no 2015 ao 5,74% no 2019, mentres que o
destinado en educación pasará do 4,03% do PIB ao
3,76%.
No caso do gasto sanitario, a Autoridade Fiscal
recoñece que creceu de media un 5,3% en termos
reais entre 2002 e 2010, e contraeuse un 4,4% entre
2011 e 2014, os anos máis duros do axuste. Para a
Autoridade Fiscal, e debido a diversos factores,
entre eles demográficos, a partida de sanidade
debería crecer un 4,1% de media entre 2016 e 2019.
Con todo, o Goberno expuxo na actualización do
Programa de Estabilidade unha cifra moito máis
baixa, do 0,5%, é dicir un “desaxuste” que se
traducirá en novos recortes de gasto sanitario.
No que coinciden desde os seus despachos
tanto a Autoridade Fiscal como o Goberno,
é en debuxar un escenario idílico de crecemento “e
recuperación” da economía e o emprego, feito
que deberiamos cuestionarnos non só dada a
situación que podemos apreciar a pé de rúa no
estado español, senón a nivel mundial debido á
caída da actividade económica, o consumo, os
problemas ambientais e a propia caída da demanda de
commodities “”.
E, no que coinciden todos os partidos políticos
que preparan a artillería electoral estes días,
é en seguir ocultando, que goberne quen goberne,
e como levamos vendo desde 2008, estamos
inmersos nun programa perfectamente proxectado de
axuste (eles chámano “crise”), que todos eles
están obrigados a aplicar cando gobernen como
quedou demostrado co exemplo grego.
Esta crise “” veu para quedar, para ir
destruíndo de forma planificada os xa de por si
raquíticos sistemas de protección social que se
estableceron no conxunto do estado español nos anos
80 do pasado século, e só a toma de conciencia e
organización da poboación, sen delegar en
intermediarios de ningún tipo, poderá plantar cara
ao proxecto neoliberal de saqueo e destrución do
que é de todxs.
http://www.casmadrid.org/index.php/comunicados/421-preparan-ajustes-de-entre-5-000-8-000-millones-en-sanidad
Recollido de Kaos en la Red
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript