Número 315- 16 de maio de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Oferta de emprego público

Establecemos o marco negociador da modificación parcial da RPT asinada en decembro de 2015, aprobada no Consello de Goberno e Consello social do día 16 de decembro, proceso negociador que abarcou, tamén, o acordo de promocións que cualificamos como electoralista polo que manifestamos en moitos momentos o temor a que non se levase a efecto.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
POLÍTICA SOCIAL

    O comité de empresa da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social fixo público este mércores un informe que analiza a situación dos centros de maiores e menores administrados polo Goberno galego na provincia coruñesa.

 LINGUA
    “Manuel Maria, reintegracionista”. Baixo este lema, a Associaçom Galega da Lingua (AGAL) tamén se suma á homenaxe a Manuel Maria no Día das Letras deste Ano, cunha campaña na que quere destacar a contribución do chairego á difusión da faceta reintegracionista do homenaxeado.
 SENTENZAS
    Unha recente sentenza ditada o 31 de marzo pola Sala do Contencioso - Administrativo do Tribunal Supremo (recurso 994/2015) aborda un curioso caso de "privatización" dun proceso selectivo de concurso - oposición para a cobertura de prazas básicas vacantes da categoría de Enfermeiras do Servizo Andaluz de Saúde.
 VIVIMOS EN SOCIEDADES DEMOCRÁTICAS?
    Segundo un dos principios políticos máis reiterados, se un Estado non se atopa baixo o "imperio da Lei" non pode existir a democracia. Con todo, aínda que se debe admitir que a democracia require de leis, son numerosos os exemplos que mostran como, no autoproclamado "Mundo Libre", estas serven xustamente para coartar a participación democrática real..
 SANIDADE
    “Cada día morren en España 140 persoas con dor e sufrimento, perfectamente evitable se fosen atendidos por equipos específicos de coidados paliativos”, denuncia a Organización Médica Colexial de España a partir dos últimos datos da Sociedade Española de Coidados Paliativos (SECPAL).
OXFAM INTERMÓN - FRAUDE FISCAL

    Suponse que son o motor da economía española, pero a súa achega á recuperación deixa moito que desexar. Entre 2009 e 2014, durante os peores anos das políticas de austeridade e recortes, as empresas do Ibex-35 multiplicaron por 3,3 as súas filiais en paraísos fiscais, segundo un estudo publicado este mércores por Oxfam Intermón e o Observatorio de Responsabilidade Social Corporativa.

15M MADRID

    CSOA La Morada é un espazo que xurdiu en 2012 a partir do 15M. Somos un espazo veciñal liberado por e para o barrio de Chamberí. Durante a xornada, uns gardas de seguridade, enviados por Ignacio Moreno, dono da inmobiliaria que pretende construír vivendas de luxo no que agora é La Morada, entraron pola forza rompendo os cadeados da porta.

• OPINIÓN - Iñigo Sáenz de Ugarte

    Juan Andrés Benítez morreu o 5 de outubro de 2013 tras sufrir unha malleira a mans de varios mossos d'esquadra no barrio barcelonés do Raval. O crime nunca será xulgado porque non haberá xuízo. As defensas e as acusacións chegaron a un pacto polo que os policías recoñecen unha certa culpabilidade –aínda que isto non é certo en absoluto– e a Fiscalía e a acusación popular retiraron os cargos máis graves, neste caso, penas de ata 14 anos polo delito de homicidio.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado xoves, día 12, tivemos unha reunión co xerente na que abordamos os asuntos de actualidade. O xerente iniciará unha rolda cos sindicatos para obter información, e apoio, á Oferta de Emprego Público que presentou na última reunión da Xunta de Persoal.
 UNIVERSIDADES GALEGAS
    Mentres Universidade da Coruña está próxima a concluír o proceso de funcionarización, unicamente falta realizar unha convocatoria extraordinaria acordada coa Xerencia para “repescar” a todo o persoal que por diferentes motivos non participou ou suspendeu nas convocatorias ordinarias xa realzadas, as outras universidades galegas inician o proceso. As respectivas Xerencias realizaron as correspondentes propostas e xa iniciaron as conversas cos órganos de representación das traballadoras e traballadores.
 REGANOSA
    Neste mes de Maio de 2016, cúmprense 9 anos da chegada dos primeiros Gaseiros cargados de gas natural licuado (GNL) a Reganosa. A loita da cidadanía xa comezara en 1999, encabezada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, no que se agrupan máis de medio cento de Entidades, veciñais, ecolóxicas, culturais....
 STOP DESAFIUZAMENTOS COMPOSTELA
    Stop Desafiuzamentos Compostela alertou este mércores das dificultades para manter a súa vivenda que está a padecer unha muller vítima de violencia de xénero con catro fillas que foron violadas polo seu pai no concello da Baña, para o que a Fiscalía pide unha pena de prisión de 67 anos.
 SAÚDE PÚBLICA
    Os inspectores farmacéuticos de Galicia convocaron unha folga indefinida a partir do día 18, ante os “graves riscos” sanitarios aos que segundo denuncian está exposta a sociedade debido á falta de medios e persoal deste departamento.
 CRISE ESTAFA
    E, no que coinciden todos os partidos políticos que preparan a artillería electoral estes días, é en seguir ocultando, que goberne quen goberne, e como levamos vendo desde 2008, estamos inmersos nun programa perfectamente proxectado de axuste (eles chámano “crise”), que todos eles están obrigados a aplicar cando gobernen como quedou demostrado co exemplo grego.
 OXFAM INTERMÓN
    A ONG Oxfam denuncia as atroces condicións laborais do sector nunha investigación baseada en tres anos de entrevistas cos afectados.
 LINGUA - QUEREMOS GALEGO
    A lingua é a maior creación colectiva dun pobo, a expresión máis clara da súa existencia e vontade de se desenvolver. A normalidade plena da lingua propia evidencia o desenvolvemento e a prosperidade do pobo que a fala.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        PRÓXIMO GAÑADOR DAS ELECCIÓNS

         
          REVÁLIDA

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript