Maio de 2016
 
 

NÚMERO 315 - 16/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  VIVIMOS EN SOCIEDADES DEMOCRÁTICAS?
 

Hollande impón por decreto a contrarreforma laboral

Segundo un dos principios políticos máis reiterados, se un Estado non se atopa baixo o "imperio da Lei" non pode existir a democracia. Con todo, aínda que se debe admitir que a democracia require de leis, son numerosos os exemplos que mostran como, no autoproclamado "Mundo Libre", estas serven xustamente para coartar a participación democrática real.

 

  • Noticias relacionadas

 

Un dos representantes do  Occidente ortodoxamente "democrático" e exemplar, acaba de mostrar publicamente a "solidez" deses principios, sen que a noticia tivese excesiva repercusión.
 
De acordo á información ofrecida polo diario español Público, o Goberno de Francia ignorou o control parlamentario para aprobar por decreto "a polémica e impopular reforma laboral" do socialdemócrata François Hollande.
 
Segundo a mesma fonte, o primeiro ministro francés, Manuel Valls, anunciou o pasado martes que o seu Executivo recorrerá ao artigo 49.3 da Constitución, para sacar adiante o proxecto de lei sen que sexa sometido á votación da Asemblea Nacional.
 
A razón aludida polo goberno francés para lograr implementar a reforma ofreceuna o propio Valls. Referíndose á reforma laboral, afirmou que o goberno francés decidiu recorrer ao artigo citado da Constitución porque o Executivo está “convencido de que é un bo texto para o país” e debe ser aprobado.
 
Con todo, a pesar dos argumentos do goberno de Hollande,  para os traballadores franceses a lei será perniciosa e non "beneficiosa para os seus dereitos ”, como sosteñen desde o goberno. Por ese motivo,  responderon cunha folga xeral, convocada polas catro centrais sindicais máis importantes de Francia, para esixir a retirada do proxecto de lei.
 
Sen entrar en asuntos relacionados cos procedementos que deberá seguir a reforma ata ser aprobada, debe lembrarse que non é a primeira vez que o Executivo "socialista" apela á este recurso para lograr promulgar unha lei. Xa o fixo o ano pasado coa “lei Macron” de liberalización económica que satisfixo plenamente á patronal gala.
 
A conclusión que se pode extraer deste  caso, como de tantos outros, debería ser ben clara. Non nos atopamos ante un caso de "déficit democrático", nin ante unha falla do sistema. Se miramos con atención mecanismos como este dos países occidentais, que permiten saltarse mesmo o estéril debate parlamentario, non é difícil deducir que, simplemente, non existe neles unha democracia real.

 
Canarias Semanal
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript