Maio de 2016
 
 

NÚMERO 315 - 16/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  OXFAM INTERMÓN
 

Obrigan a usar cueiros a empregados da industria avícola de EE.UU. para que non deixen de producir

A ONG Oxfam denuncia as atroces condicións laborais do sector nunha investigación baseada en tres anos de entrevistas cos afectados.

 

  • Noticias relacionadas

 

A industria avícola estadounidense está en auxe, pero isto non impide que miles de traballadores do sector sufran un trato inhumano nas plantas de produción, segundo un recente informe da rama americana da ONG Oxfam.
 
De acordo cos datos de Oxfam, algúns empregados ven obrigados a pedir permiso aos seus superiores para ir ao baño, ou mesmo a usar cueiros para non interromper o proceso de produción.

Os traballadores enfrontan dificultades para satisfacer as súas necesidades humanas básicas
 
O informe, baseado en decenas de entrevistas con traballadores da industria avícola de EE.UU. realizadas entre 2013 e 2016, dá a coñecer as condicións diarias de traballo de miles de empregados no sector, algunhas das cales supoñen mesmo unha ameaza para a vida.
 
"Os traballadores enfrontan dificultades para satisfacer as súas necesidades humanas básicas. Ouriñan e defecan mentres están de pé na liña de produción, usan cueiros, restrinxen perigosamente a inxesta de líquidos, teñen que soportar dor e malestar mentres se preocupan pola súa saúde e a seguridade laboral. E non é só a súa dignidade o que sofre, senón que tamén corren o risco de padecer problemas de saúde graves", denuncia o informe. 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript