NÚMERO 315- 16/05/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Listaxes de agarda
Somos
moitas persoas as que estamos agardando polo resultado da
nova resolución de xestión de listaxes de agarda. No meu
caso teño xa unha certa fluidez nos chamamentos e gustaríame
saber, canto antes, a norma que me é de aplicación. Como non
reviso todos os días a páxina web da universidade nin
sequera me cheguei a enterar pero dixéronme os meus
compañeiros que se publicara a resolución pero que ao pouco
tempo se retirara. Que pasou?.
Os
Milongueiros
En
Monte Alto hai unha “charanga” que se chaman os Quilombeiros
teñen como base instrumentos de percusión brasileiros. As
expectativas que se abriron coa RPT pola que a promoción
sería ao 100%... quedan coa oferta pública de emprego da que
nos informastes, como a letra que cantan as charangas do
entroido. Este equipo de goberno podía presentarse baixo o
nome dos Milongueiros porque todo o deixan nunha triste
milonga.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript