NÚMERO 315 - 16/05/2016
CUTUDC / Novidades
Neste mes de Maio de 2016, cúmprense 9 anos da chegada dos primeiros Gaseiros cargados de gas natural licuado (GNL) a Reganosa. A loita da cidadanía xa comezara en 1999, encabezada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, no que se agrupan máis de medio cento de Entidades, veciñais, ecolóxicas, culturais....
Levaba-se
percorrido un longo camiño de denuncias,
sensibilización pública, mobilizacións, en
Mugardos, en Ferrol, en Compostela, en Madrid, en
Bruxelas....
A acción cidadá na boca da ría, o 7 de maio do 2007
e os días posteriores, detendo a entrada dos
Gaseiros, permitiu rachar os Muros de Silencio
e poñer en evidencia a complicidade das distintas
Administracións: Estatal, Autonómica e Local, con
este proceso fraudulento e perigoso.
Agora, tras máis de quince anos de loita, cando
tres sentenzas do Tribunal Supremo confirman os
fundamentos do Comité, queremos ao fío deste
aniversario, agradecer a tantas persoas que nos
acompañaron e acompañan o seu compromiso na defensa
da Legalidade, da Ría e da Vida.
Iniciamos hoxe a publicación duns sinxelos
documentos fotográficos en lembranza daqueles
sucesos.
Videos fotográficos
1.- A chegada dos primeiros gaseiros a reganosa
cargados con GNL.
Primeiro : Os antecedentes.
2.- Os días 7 e 8 de Maio 2007 (Primeiros Gaseiros
a Reganosa).
3.- O día 9 de Maio de 2007. O Gaseiro entrou…
O LNG “Galicia Spirit” levaba varios
intentos de acceder a Reganosa, frustrados polo
peche que a cidadanía mantiña na boca da Ría.
O peirao de Coruxeiras amañeceu bloqueado. A Garda
Civil no mar e a Policía Nacional na terra
impediron o acceso ás embarcacións.
Houbo moitos momentos de tensión. E coa axuda do
Goberno, o gaseiro entrou.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript