NÚMERO 315 - 16/05/2016
CUTUDC / Novidades
Establecemos o marco negociador da modificación parcial da RPT asinada en decembro de 2015, aprobada no Consello de Goberno e Consello social do día 16 de decembro, proceso negociador que abarcou, tamén, o acordo de promocións que cualificamos como electoralista polo que manifestamos en moitos momentos o temor a que non se levase a efecto.
Fomos firmes
defensores durante toda a negociación da
homologación das escalas especiais á escala xeral.
Defendemos desde o comezo o barrado xeneralizado
que facía posible á súa vez estender os
procedementos de promoción, concurso e oposición
desenvolvidos na escala xeral tanto á escala de
biblioteca como á escala técnica.
Pensabamos que coa consecución da primeira parte, o
barrado practicamente xeneralizado, lograbamos que
a Xerencia e o equipo de goberno entendesen e
aceptasen a filosofía do acordo. Coa
proposta de oferta de emprego público
feita pola Xerencia demóstrase que non era certo. O
acordo foi algo conxuntural e froito da situación
de debilidade do que daquela era candidato á
elección a reitor.
O decorrer dos acontecementos acompáñase, tamén,
polo xogo sucio desenvolvido polo xerente. Cando se
falou coa Xerencia para establecer o número de
prazas a promoción acordouse que na escala de
facultativos de arquivos, bibliotecas e museos
promocionaría todo o persoal da escala de
axudantes, que se cifraron por parte da Xerencia en
30, despois de facer un reconto pormenorizado
descubrimos que en realidade eran 32, nas reunións
mantidas coa Xerencia sinalámoslle esta
circunstancia que se reafirmou en que o número
total era 30. Recontamos outra vez e saíronnos 32.
Na seguinte reunión coa Xerencia insistimos, nesta
ocasión aceptou que podía ser un erro pola súa
parte ao facer o cómputo, encargándolle ao Servizo
que o revisara. Cando se nos presentou a OEP deste
ano, destápanse as verdadeiras intencións: furtar prazas á promoción reservándoas para ofertalas a oposición por quenda libre.
A APA, en coherencia co criterio que mantivemos
durante toda a negociación da RPT, debatido nas
asembleas, defenderemos a extensión dos
procedementos realizados na escala xeral ao resto
de escalas. Nunca conseguiremos un colectivo único
se os procedementos non son únicos. Se aceptamos a
oferta de emprego público que se nos pon enriba da
mesa baleiramos de contido a negociación realizada
abrindo a espita para que as prazas que sexan do
interese da Xerencia desaparezan dos concursos e
saian a convocatoria libre
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript