NÚMERO 315 - 16/05/2016
CUTUDC / Novidades
CSOA La Morada é un espazo que xurdiu en 2012 a partir do 15M. Somos un espazo veciñal liberado por e para o barrio de Chamberí. Durante a xornada, uns gardas de seguridade, enviados por Ignacio Moreno, dono da inmobiliaria que pretende construír vivendas de luxo no que agora é La Morada, entraron pola forza rompendo os cadeados da porta.
Cara ás catro
da tarde, no cambio de quenda de seguridade,
conseguiuse entrar no edificio. Despois, as
patrullas policiais, compostas por un número
desmesurado de furgóns antidisturbios, bloquearon
os accesos lindeiros do centro e procederon á
identificación, entrada no edificio e posterior
detención de 32 persoas, que trasladaron á
comisaría de Moratalaz. Calquera okupación exponse
a un desaloxo, non obstante o acto é ilegal, xa que
o xulgado desestimou a orde de desaloxo durante o
proceso xudicial coa inmobiliaria, polo que a
delegación do Goberno e as forzas policiais están a
actuar en contra da orde do xuíz.
Esiximos responsabilidades e explicacións da
Delegación do Goberno. Esiximos a liberación
inmediata dos detidos sen cargos. Unha vez máis, o
Estado favoreceu á especulación e o poder, deixando
de lado aos cidadáns.
Ningunha agresión sen resposta!
Dez, 100, 1.000 centros sociais!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript