Número 314- 09 de maio de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Horario de verán

O pasado venres o xerente comunicou á Xunta de Persoal, que, a pesar do que se establece no calendario laboral de 2016, a xornada reducida de verán comezará na segunda quincena do mes de xuño e abarcará os meses de xullo e agosto, xustifícase no inicio do curso académico a principios de setembro para non prolongala redución durante este mes.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
SENTENZAS

    Os funcionarios que queiran alongar a idade de xubilación ata os 70 anos poderán facelo. Así se desprende dunha sentenza do Tribunal Supremo que termina, desta forma, coa discrecionalidade da Administración para conceder a uns funcionarios a posibilidade de atrasar a idade de xubilación e a outros non.

 1º DE MAIO
    O Secretariado Nacional (SN) da CUT, máximo órgano do sindicato, xuntouse esta semana en sesión ordinaria para avaliar o 1º de maio. A celebración desta data, supón un orgullo para a CUT, que se sinte herdeira das loitas de Chicago xa non contra a patronal, senón contra a propia existencia dun sistema criminal (o Capitalismo) que inviabiliza que a clase traballadora poidamos vivir unha vida digna e en liberdade.
 HEPATITE C
    “Non somos un gasto, non somos déficit”. Deste xeito protestaron este xoves integrantes da Plataforma de afectados pola hepatite C (Plafhc) ás portas do Ministerio de Hacienda para recriminarlle ao Goberno popular que o custo dos medicamentos non compute como déficit, porque "un enfermo nunca pode crear déficit".
 MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL
    A morte por suicidio é un dos mais graves problemas de saúde pública. Case tódolos dias do ano morre por suicidio unha persoa en Galiza.
INTERNACIONAL

    Case a totalidade das escolas públicas da cidade de Detroit, no Estado de Michigan, concluíron o pasado luns os seus labores, despois de que os profesores chamasen aos seus centros docentes, simultaneamente, para informar de que "estaban enfermos".

GREENPEACE - TTIP

    Greenpeace Holanda acaba de facer públicos os documentos secretos do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) entre Europa e EE.UU. Os documentos publicáronse na web www.ttip-leaks.org para que todo o mundo poida acceder a eles e se cumpra o principio de transparencia innato á democracia.

 GRECIA
    O sindicato do sector público (ADEDY) e o principal do privado (GSEE) iniciaron este venres unha folga de 48 horas en protesta contra as polémicas reformas fiscal e das pensións, que se debaterá en sesión plenaria o Parlamento heleno nos próximos días.
CRISE ESTAFA

    A cobertura do sistema de protección por desemprego sitúase en Galicia no 50,99%, pouco máis de 1 de cada 2 galegos en paro recibe algunha prestación. Canto menos iso é o que indican os últimos datos dispoñibles, correspondentes ao mes de marzo, no que a cobertura descendeu en case punto e medio con respecto ao mes anterior.

DEPORTACIÓNS

    Desde a Campaña Estatal polo Peche dos CIE puidemos confirmar que o vindeiro mércores 11 de maio haberá un voo de deportación fretado por Frontex (desde Holanda) con destino Paquistán, polo que as redadas serán ao longo e ancho de todo o Estado e doutros Estados membros.

• OPINIÓN - Gumersindo Lafuente

    Entretidos polos asuntos propios da incerteza política, quizá ocupados rebuscando apelidos ilustres nos papeis de Panamá, ou talvez celebrando glorias pasadas para tapar as miserias presentes, tendemos a esquecernos unha vez máis dos refuxiados.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Felipa Jove foi presidenta do Consello Social da Universidade durante dous anos e medio, cesou nese cargo, a petición propia, no mes de xuño do ano 2008. Como boa empresaria estendeu os seus tentáculos á UDC aproveitándose da carencia dunha residencia universitaria pública. Desde o ano 1994 até o ano 2015, a residencia privada Rialta converteuse na única residencia que se lles ofrecía @s matriculad@s na UDC. Coa sinatura do acordo entre a Universidade e a Deputación da Coruña, o negocio desaparece e a Fundación Jove que preside a que fora presidenta do Consello Social, decide recorrer no Contencioso Administrativo ese convenio. A pela é a pela.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 XUNTA DE GALIZA
    O Consello da Xunta ven de aprobar a proposta de calendario laboral para o ano 2017. A principal novidade é que san Xoán deixará de ser un día festivo a nivel autonómico. O vindeiro ano, o 24 de xuño, día no que se celebra unha das festas galegas máis importantes cae en sábado.
 LINGUA
    Investigadores da Universidade de Vigo poñen en marcha este novo recurso de lingüística computacional, baseado no WordNet e empregado por Google Translate como apoio no proceso de tradución.
 BOMBEIROS DE GALIZA
    Critican a privatización de servizos básicos de loita contra os incendios e tamén que a Xunta prefira acudir á UME en vez de contratar efectivos profesionais..
 REGANOSA
    Podería parecer que a través deste título tan clásico propoño-lles unha fábula edificante. Pero aínda que o que lle imos a contar é fabuloso non é ningún conto, senón unha historia xudicial moi real, que tras quince anos de travesía, arriba ao mellor porto; o Tribunal Supremo.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    Esta semana, no Punto, tivemos a oportunidade de conversar cunha veciña e tras escoitar o seu relato viñéronnos á cabeza unhas verbas que Ruth López pronunciara na 2ª edición da Escola Ramón Fernández Durán:
 FRANCIA
    Sindicatos de traballadores e organizacións estudantís chamaron a efectuar o 12 de maio novas manifestacións para demandar a retirada definitiva da reforma laboral do goberno.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio, que congregará miles de persoas “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas para repola e rehabilitala en todos os espazos”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       

         
          VOLVE A CAMPAÑA. PRIORIDADES

           
            PALABRAS IMPRONUNCIABLES

             
              Números anteriores
               
              De interese
              O sindicalismo de clase depende de tí
              CALENDARIO LABORAL 2010
              CALENDARIO LABORAL 2011
              CALENDARIO LABORAL 2012
              CALENDARIO LABORAL 2013
              CALENDARIO LABORAL 2014
              CALENDARIO LABORAL 2015
              CALENDARIO LABORAL 2016
              A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
               
              Sácalles a lingua  
               
              CONTRA O PACTO SOCIAL
              O XORNAL - información obreira
              O IMPERIALISMO NON PASARA!!
              NON AS NUCLEARES
              7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

              cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript