Maio de 2016
 
 

NÚMERO 313 - 02/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

EPA: sobe o paro, na provincia e na cidade da Coruña C

Pese a que Rajoy non se cansa de repetir aquelo de que “España va bien” e de que Feijoo énchese a boca sinalando o bo momento polo que pasa a economía de Galiza, o certo é que as estatísticas encárganse de poñer as cousas no seu lugar. O paro segue en números indecentes e a precariedade esténdese cun regueiro de miseria que cada vez alcanza a máis persoas porque xa, o feito de ter traballo, non serve para escapar dela.

 

  • Noticias relacionadas

 

Subiu o paro, segundo a enquisa de poboación activa correspondente ao primeiro trimestre do ano. O número de parad@s creceu en 1.300 persoas na provincia e sitúase nas 84.900 persoas. Baixou tamén o número de ocupad@s. Destruíronse 3.700 empregos nos primeiros meses de 2016, ata 11.700 no último ano.
 
A taxa de paro sitúase no 16,11 por cento e subiu tres décimas no último trimestre. En Galiza temos 5.100 parad@s máis e ata 227.900 desempregad@s. No Concello da Coruña hai 18.500 parad@s segundo a EPA do primeiro trimestre, 2.300 máis que hai tres meses.
 
En Ferrol a taxa de desemprego alcanza case o 28%, uns 7.100 parad@s,  a máis alta das grandes cidades galegas. Aínda así, redúcese en 400 persoas respecto ao último trimestre do pasado ano.
 
Respecto da última medición, o sector servizos –que subira polo emprego estacional– é o máis castigado e perde preto de 700 empregad@s. A industria, en permanente caída nas últimas enquisas, pasa de algo máis de 2.200 traballador@s a apenas 1.900.
 
A taxa de actividade tamén é a máis baixa das grandes cidades galegas e sitúase nun 45,2%. Isto quere dicir que das 57.000 persoas en idade de traballar en Ferrol, algo máis de 18.500 teñen un emprego.  Desta última enquisa do IGE tamén se desprende unha caída de case 700 postos no ámbito público e máis de 200 en empresas privadas.
 
Galicia, entre as rexións con máis paro de Europa
 
De cada 10 novos parados en España, 4 son galegos
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript