NÚMERO 313 - 02/05/2016
CUTUDC / Novidades
Unha sentenza da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratifica a condena ao Sergas para repoñer no seu posto a unha auxiliar de enfermería do hospital de Verín (Ourense) á que non renovou cando se puxo enferma e despois de facerlle varios contratos temporais durante máis de catro anos.
O TSXG
desestima o recurso interposto pola Xunta e
ratifica a sentenza do Xulgado do
Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, que
considera probado que "os sucesivos chamamentos da
actora para prestar os seus servizos" no hospital
de Verín respondían "a unha necesidade estrutural
que se prolongou durante máis de catro anos" e que
esta "non tiña que ver", por tanto, "con razóns de
carácter temporal, conxuntural ou extraordinario".
O Xulgado conclúe que a Administración sanitaria
"incorreu nun abuso de dereito e infracción dos
dereitos básicos dos traballadores e empregados
públicos (mesmo temporais) ao non renovarlle o seu
nomeamento" a unha persoa que levaba "traballando
para ela de forma continuada e ininterrompida
durante un prolongado período de tempo" --superior
a catro anos-- "pola única razón" da baixa por
enfermidade.
“Iso non significa que a reincorporación vaia a ter
un carácter permanente”, continúa o maxistrado,
quen sostén que o Sergas deberá "crear e prover a
praza" mediante o correspondente procedemento de
"concorrencia competitiva ou amortizala, se por
circunstancias ben xustificadas, resultase
innecesaria".
Publicado polo Consello Xeral do Poder
Xudicial
Arquivos asociados
TXJG Contencioso 6 abril 2016
Xdo Cont Ourense 1 9 jun 2015
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript