Maio de 2016
 
 

NÚMERO 313 - 02/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  SÁHARA
 

"Declararemos a guerra a Marrocos", advirte o ministro de exteriores saharauí

Mohamed Salem Ould Salek, o Ministro de Asuntos Exteriores do Sáhara, manifestou de xeito tallante que "Se a ONU non avanza cara á celebración dun referendo de autodeterminación declararán a guerra a Marrocos ". Neste tenso contexto, no que o propio secretario xeral da ONU advertiu sobre a posibilidade de que poida estalar na rexión un conflito bélico de proporcións incalculables, un avión militar marroquí estrelouse o luns da pasada semana no norte de Mauritania, xusto na fronteira do Sáhara Occidental.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mohamed Salem Ould Salek, instou a España, así mesmo, a que asumise a súa responsabilidade cun territorio que estivo baixo o seu dominio colonial e que non se lle permitiu exercer o seu dereito á autodeterminación.
 
Por outra banda, a Fronte Polisaria reiterou nas Nacións Unidas de que se se pon fin ou se reduce o mandato da súa misión no Sahara Occidental (Minurso) estarase a abrir a porta ao retorno ao conflito armado.
 
"Os saharauís verémonos de novo  obrigados a defender os nosos dereitos a través do uso de todos os medios lexítimos, incluída a loita armada, legalizada pola ONU para todos os pobos colonizados", indicou Ould Salek.
 
Esta mesma semana, o Consello de Seguridade da ONU ten que facer pública a súa decisión sobre se estende o mandato da Misión das Nacións Unidas para o Referendo en Sahara Occidental, Minurso, que só se podería prorrogar por dous meses máis ante a falta de acordo no seo do principal órgano decisorio da organización en materia de paz e seguridade.
 
Estraño accidente dun avión marroquí de recoñecemento militar
 
Neste tenso contexto, no que o propio secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, advertiu sobre a posibilidade de que poida estalar na rexión un conflito bélico de proporcións incalculables, un avión militar marroquí estrelouse o   luns da pasada semana no norte de Mauritania, xusto na fronteira do Sahara Occidental.
 
Unha fonte mauritana explicou que o avión realizaba  unha misión de recoñecemento das posicións das tropas do Exército saharauí e "caeuse en circunstancias confusas" .
 
Segundo relataron testemuñas presenciais produciuse unha forte explosión. Un grupo de nómades que presenciaron o sinistro deron o aviso á Xendarmería mauritana, que acudiu ao lugar de inmediato para inspeccionar o sucedido. As autoridades de Mauritania non formularon declaración algunha sobre o suceso nin proporcionado información sobre as características do sinistro .
 
Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript