Maio de 2016
 
 

NÚMERO 313 - 02/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  PENSIÓNS - GALIZA A 2ª MÁIS BAIXA DO ESTADO
 

A pensión media en Galiza sobe un 1,9% en abril até 760,09 euros

A pensión media en Galiza subiu un 1,9% en abril en Galiza en relación co mesmo mes do ano anterior, ata 760,09 euros, o que representa un 84,4% sobre a contía media estatal (900,50 euros), segundo os datos que publicou o pasado martes o Ministerio de Empleo y Seguridad Social. A pensión media en Galiza segue a ser a segunda máis baixa por CCAA.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na comunidade galega, o número de pensións ascendeu un 0,6% interanual, ata alcanzar as 753.575, cifra que supón un 8% do conxunto do estado.
 
Por provincias, a contía media das pensións en Galicia é de 801,75 euros na Coruña e 800,96 euros en Pontevedra, pero en Lugo é de 673,01eurosmentres que en Ourense é de 655,36 euros. Por provincias, os incrementos en variación anual foron do 2% nas dúas primeiras e do 1,8% e 1,6% na outras dúas. A distribución do conxunto das pensións é a seguinte: 291.231 na Coruña, 234.861 en Pontevedra, 118.362 en Lugo e 109.121 en Ourense.
 
A pensión media por xubilación en Galicia foi de 862,91 euros en abril, fronte aos 1.038,93 euros da media, e percibíronas 467.657 persoas (179.608 na Coruña, 144.609 en Pontevedra, 74.575 en Lugo e 68.865 en Ourense). Mentres, por viuvez, a pensión media galega foi de 538,91 euros, para un total de 186.959 beneficiarios (73.720 na Coruña, 57.522 en Pontevedra, 29.544 en Lugo e 26.173 en Ourense). A pensión media por incapacidade permanente, que recibiron 68.839 galegos (25.894 na Coruña, 22.590 en Pontevedra, 10.337 en Lugo e 10.018 en Ourense), foi de 824,38 euros. Pola súa banda, as pensións por orfandade tiveron un valor de media de 368,13 euros (24.085 galegos téñenas declaradas) e por favor de familiares a pensión chega a 474,92 euros (6.035 perceptores).
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript