NÚMERO 313 - 02/05/2016
CUTUDC / Novidades
Non é sen avisar, no ano 2014 xa se sinalaba a intención de converter as escolas de negocios” en universidades privadas, Abanca acaba de facer pública a creación da súa universidade privada, baixo a denominación de Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) do que é compoñente esencial a Escuela de Negocios de Afundación e que impartirá no vindeiro curso (2016-2017) o grao de ADE, o MBA, seis títulos duais de Bachelor in Business Administration/ADE coa Dublin Business School e 26 titulacións propias de mestrado, especialista e experto.
Até agora o
Centro de Estudos Superiores Universitarios de
Galiza (CESUGA), adscrito á Universidade San Jorge,
que imparte titulacións relacionadas coa
construción era a única universidade privada da
comunidade, a esta únese agora ao IESIDE que terá
presenza en Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo
Ourense e Ferrol.
Segundo sinalaron os representantes do banco na súa
presentación o día 26 en Compostela, o IESIDE é
unha institución de educación superior orientada á
empresa que "nace co propósito de complementar a
oferta universitaria existente en Galicia e
potenciar a cooperación entre as empresas e as
universidades da comunidade autónoma".
IESIDE iniciará a súa actividade en setembro deste
ano cunha infraestrutura composta por catro
centros: tres para uso formativo situados en Vigo,
A Coruña e Pontevedra, e unha residencia de
estudantes situada en Pontevedra. Tamén contará co
soporte adicional do resto de edificios do banco e
de Afundación nas diferentes cidades galegas.
IESIDE terá 14 profesores a tempo completo, 52
profesores asociados, 4 profesores estranxeiros
visitantes e 350 profesores colaboradores.
Na reunión do Consello de Goberno do pasado día 28,
o decano da Facultade de Económicas Anxo Calvo
sinalou que é preciso diante desta circunstancia
tomar unha decisión, ou ben se “colabora” como
parece que se está a facer na UVigo ou se
“compite”. Sinala o feito desta nova situación na
que as universidades privadas estenden os
tentáculos introducíndose nas universidades
públicas e propón unha discusión no seo do órgano
para decidir a relación con este novo fenómeno.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript